Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.833 novas da área temática Emprego:

07/05/2026 | 13:27 | C. de Sanidade

O Sergas convocou no último ano 5.450 prazas en 80 categorías de persoal estatutario e incrementou nun 21 % o número de profesionais desde 2008

O Servizo Galego de Saúde subliña que nunca houbo tantas persoas traballando na sanidade pública, con 48.690 profesionais a 31 de decembro de 2025

07/05/2026 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o papel da II Feira de Educación, Formación e Emprego da Coruña na orientación do alumnado

A iniciativa forma parte do calendario Galicia Educa con 16 feiras que apostan por novos modelos de orientación académica e profesional

07/05/2026 | 12:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia con preto de 1 M€ a contratación de persoas con discapacidade a través das axudas a centros especiais de emprego de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a Estación de Servizo San Mateo, un dos centros beneficiarios da pasada convocatoria

07/05/2026 | 11:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as máis de 120 entidades adheridas á Rede Ultreia de atención ao emprendemento da que forma parte ‘The Way Startup Summit’

González resalta as máis de 50 startups, máis de 150 investidores e o millar de asistentes ao evento integrado na rede de colaboración público-privada dirixida a compartir recursos, xerar sinerxías e evitar duplicidades ao atender o emprendemento

07/05/2026 | 09:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca cinco edicións do curso básico de auxiliares de Policía Local

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá ao longo de xuño as accións formativas, de carácter presencial e que suman 300 prazas

06/05/2026 | 17:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Muros o programa de prevención de riscos laborais posto en marcha por Fundamar para as agrupacións de marisqueo a pé

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no acto organizado pola fundación co gallo do inicio deste programa de exercicios terapéuticos en Muros e Noia, que segue a estela do traballo do Issga a prol do sector

06/05/2026 | 16:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta avoga por reforzar a transversalidade do diálogo social para avanzar cos axentes sociais no consenso de aspectos prioritarios do mercado laboral

González sinala que co decreto de Diálogo Social, publicado hai uns días no DOG, Galicia dá un paso máis na consolidación desta ferramenta clave na interlocución social e conta cun marco regulado e permanente para abordar retos

06/05/2026 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo pon en valor o compromiso da Xunta a prol do emprendemento a través dunha nova convocatoria do Bono Nova Oportunidade

O delegado territorial lembrou que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destas axudas ata o 30 de setembro ou ata o esgotamento do crédito (1,5M€), para apoiar ás persoas autónomas que cesaron a súa actividade e decidan emprender un novo negocio

06/05/2026 | 12:13 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na construción do parque empresarial de Fragamoreira coa licitación do contrato para a expropiación dos terreos

O polígono industrial situado no concello de Poio contará con máis de 373.000 metros cadrados de superficie