A Xunta avanza na construción do parque empresarial de Fragamoreira coa licitación do contrato para a expropiación dos terreos

O polígono industrial situado no concello de Poio contará con máis de 373.000 metros cadrados de superficie

O Goberno galego cumpre así o seu compromiso de acelerar este parque e dotar de máis solo empresarial á comarca de Pontevedra na que existe unha alta demanda

Nos vindeiros anos a Xunta porá case 3 millóns de m2 de solo a disposición das empresas nesta provincia

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026

A Xunta avanza na construción do parque empresarial de Fragamoreira coa licitación do contrato de redacción para a expropiación dos terreos deste polígono situado no concello pontevedrés de Poio e que contará cunha superficie de 373.415 m2.

Coa licitación deste contrato de servizos, o Goberno galego da un paso máis para cumprir co seu compromiso de acelerar a execución deste proxecto e poder dotar de máis solo empresarial á comarca de Pontevedra onde existe unha alta demanda por parte dos emprendedores e emprendedoras.

O polígono industrial de Fragamoreira está localizado nun lugar idóneo e estratéxico ao carón da cidade de Pontevedra e con comunicacións ao porto de Marín, á autoestrada AP-9, a Vilagarcía e á comarca do Salnés. Así mesmo, contará con todos os servizos necesarios para as empresas, como é o acceso á rede eléctrica de media e baixa tensión, a urbanización das parcelas, redes abastecemento, etc.

Case 3 millóns de mde solo empresarial na provincia de Pontevedra

Ademais do parque de Fragamoreira, no conxunto da provincia, a Xunta ten actualmente en tramitación os Peose dos parques empresariais de Toedo (A Estrada), a ampliación do parque empresarial do Campiño, o de Louredo (Mos-Redondela), a ampliación do polígono industrial do Pousadoiro (Vilagarcía de Arousa) e a ampliación da MI da PLISAN (Salvaterra-As Neves). Tamén está en tramitación a licitación da contratación das obras de Lalín 2000 e o proxecto de reurbanización da Central de Transportes e Terminal Intermodal de Ponte Caldelas.

En total, entre as distintas actuacións, o Executivo autonómico porá nos vindeiros anos case tres millóns de metros cadrados de solo empresarial na provincia de Pontevedra á disposición das empresas.

Data de actualización: 06/05/2026