Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.021 novas da área temática Turismo:

28/02/2026 | 11:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Os mercados portugués, alemán e nacional centran o interese de Turismo de Galicia este mes de marzo na súa estratexia de promoción do destino

A Xunta terá presenza nas feiras FIO 2026, BTL Lisboa, ITB Berlín e B-TRAVEL 2026, chegando a públicos finais e profesionais

27/02/2026 | 14:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a seguridade viaria do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca de Valdeorras cun investimento de preto de 190.000€

O director de Turismo de Galicia visitou a nova senda creada, que se completa coa pasarela de madeira que afasta os peregrinos da vía do tren e da estrada local

25/02/2026 | 13:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta o atractivo turístico do novo festival Petra Rosa, que levará a Pablo López, Antonio Orozco ou Sergio Dalma ás canteiras do Porriño en xuño

O director de Turismo de Galicia participou na presentación deste evento que se celebrará nas canteiras da localidade e permitirá redescobrir este enclave singular da comarca

25/02/2026 | 13:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta aposta en Ferrol pola recuperación de receitas tradicionais e a cociña de fusión a través do proxecto ‘Pan de Barco’

 A delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, presentou esta mañá a proposta promovida polo Concello de Ferrol co apoio de Turismo de Galicia

24/02/2026 | 13:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles enxalza o traballo da Xunta e o GDR para poñer en valor os recursos turísticos de Valdeorras

O director de Turismo de Galicia visitou a rehabilitación integral da Cova de Seadur, en Larouco, tras un investimento de 145.000 con fondos Next Generation

23/02/2026 | 14:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta 100 prazas para realizar visitas guiadas a Cíes, Ons e Cortegada entre febreiro e abril

No marco do programa Descubrindo o Parque Nacional, este ano ofrécense seis visitas guiadas entre finais de febreiro e o mes de abril

23/02/2026 | 12:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A nova campaña de trens turísticos de Galicia arranca en marzo e contará con 13 rutas ata outubro

Impulsada por Turismo de Galicia, Inorde e Renfe, conta cun total de 2.530 prazas e as saídas faranse desde A Coruña, Santiago, Ourense e Vigo

23/02/2026 | 12:01 | C. do Mar

Villaverde e Cheché Real reforzan a alianza entre o sector pesqueiro e a hostalería galega

Con este encontro, a responsable autonómica deu continuidade á rolda de contactos cos distintos elos da canle Horeca

22/02/2026 | 17:05 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María Martínez Allegue resalta a flor da camelia como símbolo do Val do Ulla

Allegue pronunciou o pregón nas `XXX Xornadas arredor da camelia do Val do Ulla´, nas que salientou que “Vedra converteu esta flor en patrimonio vivo”