Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 757 novas da área temática Xuventude:

09/10/2024 | 13:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta reservará para a mocidade o 25% das novas vivendas públicas destinadas á venda e o 40% das promocións destinadas ao alugueiro

Avanza tamén a creación dun bono para axudar á xuventude a afrontar os gastos derivados da emancipación

07/10/2024 | 14:52 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta anima á mocidade lucense con talento artístico a amosalo no certame ‘Xuventude Crea’

As persoas de 16 a 30 anos interesadas en concorrer nalgunha das 16 categorías convocadas aínda teñen ata o xoves para achegar as súas propostas

07/10/2024 | 13:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta concede axudas a 46 entidades enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución desta convocatoria de subvencións cunha achega de 177.000€

07/10/2024 | 12:10 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo anuncia que a Xunta financiará tres obradoiros para persoas mozas con 1,2M€ para formar a 64 persoas sen emprego na comarca de Santiago

Belén do Campo sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade

05/10/2024 | 11:13 | C. de Política Social e Igualdade

O Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia coñece experiencias de participación nacionais e internacionais

A Residencia de Tempo Libre da Xunta de Galicia Panxón acolle esta fin de semana este primeiro encontro

04/10/2024 | 15:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo e Lara Meneses animan ás mozas e mozos a inscribirse estes últimos días na edición máis ambiciosa de Xuventude Crea

O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 deste mes a través da sede electrónica da Administración Autonómica

04/10/2024 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez gaba a creatividade dos 77 alumnos de 11 centros educativos premiados polas súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

“Hai unha gran valentía nas vosas propostas e ese valor é o que debe levarvos a traballar para cambiar as cousas”, sinala o representante da Xunta

04/10/2024 | 10:31 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Martina Aneiros anima ás mozas e mozos de Ferrolterra de entre 16 e 30 anos a que amosen o seu talento artístico no certame ‘Xuventude Crea 2024’

A delegada territorial da Xunta en Ferrol lembrou que o prazo para participar neste programa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude remata o próximo 10 de outubro

02/10/2024 | 10:06 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade e o Consello Autonómico da Infancia e da Adolescencia acordan establecer canles de comunicación abertas e permanentes

Seis adolescentes integrantes do Consello Autonómico da Infancia e a Adolescencia abordan coa Consellería de Sanidade e o Sergas temas como a saúde mental infanto-xuvenil, a promoción da actividade física ou as enfermidades de transmisión sexual

01/10/2024 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña o crecemento xeneralizado da matrícula de FP no conxunto do territorio e en todas as familias profesionais

Destaca que a “revolución silenciosa” afiánzase “cun novo récord” de estudantes ata acadar os 68.823, o dobre que hai 15 anos, froito dunha “oferta reforzada” e a aposta pola innovación, a tecnificación e alta cualificación