Actualidade
Buscador de novas
A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a declaración de interese autonómico do proxecto de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
O obxectivo é dispoñer canto antes dos terreos necesarios para a ampliación e renovación do hospital, incluíndo as actuacións de urbanización, accesos e mobilidade
A Xunta amplía o ensaio de limpeza da muralla con bioherbicidas ao tramo completo entre a Porta Falsa e a de Bispo Odoario
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, subliña que os resultados invitan a triplicar a superficie da pasada campaña e estender o tratamento no 25% da superficie exterior do monumento
Fabiola García denuncia a irresponsabilidade do Goberno central e a mala xestión da situación dos menores que permanecen en Ceuta
Alerta de que o sistema de protección da infancia está “ao límite” e que Galicia non ten recursos para “seguir acollendo con esta intensidade”, tras recibir a 150 no último ano pese ao recorte do 82% do financiamento
A Xunta continúa o seu diálogo con concellos e outros axentes do ecosistema de I+G+I para impulsar a innovación no eido local
O Plan Local de I+D+i incluirá información sobre modelos de gobernanza, instrumentos de innovación, casos de éxito, fontes de financiamento e modelos de plans para que cada concello poida adaptalo á súa realidade
A Xunta salienta que Galicia conta cunha estratexia de acción climática integral e transversal que sitúa a comunidade á vangarda contra o quecemento global
Ángeles Vázquez lembra que esta estratexia xa está tendo resultados ao ser Galicia unha das rexións europeas, e a primeira a nivel nacional, que máis logrou reducir as emisións netas de gases de efecto invernadoiro respecto a 1990
Rueda destaca o peso de Galicia no sector vitivinícola español e o apoio da Xunta para facer fronte aos retos dun eido clave para o rural
Salienta que a comunidade conta con 10.000 produtores e máis de 440 adegas que representan o 1,4% do PIB galego
A Xunta inicia outra promoción de vivendas públicas, 12 fogares na rúa Abdullah, na Coruña, cun investimento de 2,2 M€
A conselleira puxo en valor a “excepcional” aposta da Xunta pola vivenda na Coruña, con máis de 1.000 fogares de promoción pública en marcha e un investimento conxunto de preto de 200M€
O delegado da Xunta participa na presentación do concerto de Luz Casal, correspondente á última cita do ‘Festival Ou Yeah!’
O evento celebrarase o na cidade de Ourense o vindeiro 4 de outubro no Pazo dos Deportes Paco Paz, co patrocinio de Turismo de Galicia no marco dos Concertos do Xacobeo da Xunta
Román Rodríguez anima ao alumnado do primeiro itinerario integrado de FP a que lle saque o máximo rendemento a esta nova formación pioneira en Galicia
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita os estudantes que se estrean nesta modalidade novidosa de Grao Básico Cociña e Restauración que se oferta no Centro Integrado de FP CIFP Compostela