Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.710 novas:

24/09/2026 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 117.000 euros en axudas para actuacións de conservación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural das Fragas do Eume

Sinala que na convocatoria deste ano concedéronse un total de 11 apoios a particulares, concellos e asociacións no ámbito deste parque natural

24/09/2026 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inicia a segunda fase do seu programa de formación especializada para mulleres artesás do ámbito rural

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, foi o encargado de abrir hoxe en Santiago de Compostela a xornada desta iniciativa da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

24/09/2026 | 14:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro para promover a correcta xestión de residuos entre universitarios con vivenda compartida

Esta acción, que se desenvolverá nun período de 9 meses, está dirixida a alumnado da Universidade de Santiago de Compostela que residan en vivendas compartidas e a previsión é chegar a arredor de 1.000 estudantes e unhas 250 vivendas

24/09/2026 | 14:49 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta leva a Zamora un percorrido en imaxes do Camiño Portugués a través da mirada dunha trintena de fotógrafos lusos e galegos

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude define a exposición como “un diálogo fotográfico entre o pasado e o presente que radiografía o legado” desta ruta xacobea

24/09/2026 | 13:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incorpora simuladores de entrevistas de traballo con intelixencia artificial ao proceso de orientación laboral do Servizo Público de Emprego

José González comprobou o funcionamento desta nova ferramenta, en fase piloto, que se integra no itinerario personalizado de inserción e permite ás persoas demandantes de emprego adestrar as súas competencias nunha contorna segura

24/09/2026 | 13:43 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño avanza a posta en servizo o luns do Hospital de Día Médico do Álvaro Cunqueiro para evitar ingresos e aliviar as urxencias cun investimento da Xunta de 1,2 M€

Sinala que o novo servizo permitirá ampliar entre un 20 e un 25 % a capacidade  do hospital de día oncohematolóxico, ofrecendo unha alternativa á hospitalización convencional a outro tipo de pacientes complexos

24/09/2026 | 13:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural fomenta as variedades autóctonas de oliveira para impulsar este cultivo en Galicia e mellorar a calidade do produto final

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na inauguración da xornada técnica O cultivo da oliveira, que tivo lugar en Santiago de Compostela

24/09/2026 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega o seu servizo Quérote+ aos estudantes universitarios de Lugo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou a mesa informativa coa que o Goberno amosa o labor deste recurso nas xornadas de benvida aos alumnos

24/09/2026 | 13:14 | C. do Mar

Villaverde reúnese coa Confraría de Ferrol para avanzar na mellora da actividade pesqueira e marisqueira

A conselleira do Mar abordou co patrón maior da entidade, Gustavo Chacartegui, as principais necesidades e demandas dos profesionais da ría