Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a proxección exterior de catro propostas galegas de música e danza na Fira Mediterrània de Manresa
De Ninghures e Unto Vello, no ámbito musical, e Fran Sieira Cía. de Danza con Caamaño & Ameixeiras e Colectivo Glovo, no escénico, participarán do 15 ao 18 de outubro neste mercado internacional especializado na raíz e na cultura popular
O programa 'Contigo no Camiño' da Xunta e a Cruz Vermella remata con máis de 6.000 asistencias sanitarias a peregrinos desde o seu comezo en 2021
O director de Turismo de Galicia participou na clausura do dispositivo deste ano que se veu desenvolvendo desde o pasado 13 de xullo
Fabiola García destaca que Galicia é a comunidade con mellores políticas de conciliación e corresponsabilidade
Explica que o obxectivo principal do Bono Concilia Familia é dar prioridade ás familias nas que os dous proxenitores traballan no momento en que os fillos acoden a un recurso de conciliación durante épocas non lectivas
A delegada da Xunta en Ferrol destaca o papel fundamental das casas do maior á hora de prestar unha atención de calidade e próxima nas zonas rurais
Lembra que o Goberno galego destina este ano máis de medio millón de euros para a creación de dez novas casas do maior na comunidade autónoma
A Xunta colabora coa Fundación Contemporánea para organizar en Santiago ‘Lo Mejor de la Cultura 2026’
A cita celebrarase o 28 de xaneiro e contará coa participación de representantes das institucións de todo o Estado
O Servizo Galego de Saúde publica a relación provisional das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario
As categorías son as de médico especialista en medicina do traballo, facultativo especialista de área de psicoloxía clínica, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopedista, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional, traballador social e dietista-nutricionista
A Xunta licita a contratación centralizada da subministración sucesiva de videobroncoscopios dun só uso con destino ás sete áreas sanitarias de Galicia cun investimento de 2,5 M€
Adquiriranse 73 videobroncoscopios flexibles dun só uso de diferentes tamaños, aos que hai que engadir o material funxible, como agullas de punción guiadas por ultrasóns, criosondas flexibles ou balóns ecobroncoscópicos
Belén do Campo destaca en Laxe o compromiso coa conciliación da Xunta a través da gratuidade da educación infantil de 0 a 3 anos que beneficia a 32.000 familias galegas
A delegada da Xunta visitou o Punto de Atención á Infancia de Laxe que amplía ata as 197 as prazas públicas gratuítas para as familias na comarca de Bergantiños-Costa da Morte