Actualidade
Buscador de novas
O programa ‘Estudios Abertos’ reforza a difusión da arte contemporánea ampliando o número de días, espazos e artistas co apoio da Xunta
Anxo M. Lorenzo pon en valor a contribución deste proxecto para dar a coñecer o lugar e proceso creativo de artistas galegos noveles e consagrados
A Xunta recibe sete ofertas para as obras da fase 2.1 do Novo Chuac, que abrangue a escavación, o movemento de terras e a valorización de materiais
Esta actuación, licitada por preto de 52,2M€, constitúe unha fase esencial dentro do proceso de desenvolvemento do Novo Chuac, xa que permitirá preparar os terreos sobre os que se executará a futura ampliación
Gómez Caamaño salienta a aposta da Xunta por facer de Vigo o motor da integración da enxeñería biomédica na sanidade pública coa creación da categoría profesional e a convocatoria das primeiras prazas estables
Eloxia a excelencia da Universidade de Vigo no ámbito das enxeñerías sumada á capacidade asistencial, tecnolóxica, docente e investigadora do Hospital Público Álvaro Cunqueiro para formar novos profesionais
A Xunta colabora con preto de 55.000 euros do fondo adicional na mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo de Cerdido
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións acompañada do alcalde, Alberto Rey
A Xunta fomenta unha maior presenza de mulleres nos espazos de decisión do sector pesqueiro e marisqueiro
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou en Arcade (Soutomaior) a xornada ‘Muller, Mar e Liderado’, un encontro práctico para impulsar a participación feminina nos órganos de goberno das confrarías
A Xunta e o sector da construción poñen en marcha un grupo de traballo para avanzar no uso de materiais reciclados na execución de obras públicas
Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa nace co obxectivo principal de impulsar a utilización efectiva de áridos reciclados e outros materiais recuperados do sector da construción e da demolición, un fin que se enmarca na aposta do Goberno galego por converter os residuos en novos recursos
Román Rodríguez sinala a lei de educación dixital como necesaria para establecer regras ante os novos desafíos e aproveitar tamén as súas oportunidades
Explica que se trata dunha ocasión para favorecer a mellora da calidade e a igualdade de oportunidades, así como para afrontar os retos que supón a intelixencia artificial e as novas tecnoloxías no ensino, onde non estaban regulados os seus usos
Turismo de Galicia apoia a declaración das San Lucas de Mondoñedo como Festa de Interese Turístico Nacional
A celebración, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia en 1998, conta con máis de oito séculos de historia e mantén o cabalo e a tradición feiral como elementos centrais
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento turístico en Portomarín
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada