Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 39.683 novas:

21/09/2026 | 19:51 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira

Segundo as últimas estimacións provisionais, este lume supera as 20 hectáreas de superficie afectada

21/09/2026 | 19:45 | C. do Medio Rural

Estabilizado un conato de incendio forestal no concello ourensán de Calvos de Randín que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

O lume rexístrase na parroquia de Randín e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 0,3 hectáreas dentro do Parque

21/09/2026 | 18:45 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda reúnese cunha delegación do conglomerado chinés Citic Group para avaliar os seus proxectos en Galicia e estudar vías de colaboración futura

Sitúa á comunidade como un territorio atractivo para investir, grazas á vantaxes como a estabilidade institucional e o apoio da Administración aos proxectos estratéxicos

21/09/2026 | 15:37 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural
21/09/2026 | 15:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

A Xunta amplía o cribado poboacional do cancro de cérvix ás mulleres de 30 anos e ás de 25 a 29 anos que non dispoñan dunha pauta de vacinación axeitada

Rueda salienta que “seguimos impulsando os cribados como mellor xeito de previr enfermidades graves” e apunta que o obxectivo é chegar a “76.000 mulleres máis desde agora, que xa empeza o ofrecemento deste cribado, ata o ano 2030”

21/09/2026 | 15:29 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta abre o concurso de 153 dereitos mineiros no que exixirá ás empresas que deixen o maior retorno económico no territorio

Salienta que se convocan 126 permisos de investigación e 27 concesións de explotación en xacementos xa existentes

21/09/2026 | 15:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta licitará nos vindeiros días a restauración do retablo maior da igrexa de Santa María de Arbo

A actuación, que conta cun orzamento de 90.600€, centrarase en reparar as alteracións provocadas polas humidades e por outros retoques anteriores

21/09/2026 | 15:25 | A Presidencia da Xunta
21/09/2026 | 15:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lanza o Marco galego para o impulso educativo, centrado no reforzo da lectura e as matemáticas, o apoio docente e a mellora continua

Tras os datos do último informe PISA e, aínda que Galicia se mantén por riba da media española nas áreas avaliadas, “non podemos estar satisfeitos e imos facer todo o que estea nas nosas competencias para reverter esta situación”, indicou Rueda