Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.268 novas da área temática Medio ambiente:

19/11/2025 | 16:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor en Granada os traballos para activar o primeiro mercado voluntario de créditos de carbono de Galicia co fin de compensar emisións de CO2

Paula Uría lembra que o Executivo galego ten aberta unha consulta para focalizar os esforzos naquelas áreas cun maior potencial para desenvolver proxectos concretos de absorción ou de redución de emisións

19/11/2025 | 16:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil acordan crear unha comisión técnica para coordinar actuacións tras os incendios deste verán

O obxectivo é planificar accións conxuntas para protexer os ríos desta bacía do impacto do lume para o cal na comisión haberá representantes das direccións xerais de Patrimonio Natural e de Defensa do Monte, de Augas, da CHMS e dos concellos

19/11/2025 | 13:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta garante o máximo rigor técnico na tramitación de todos os proxectos de biogás en Galicia

Ángeles Vázquez incide en que o despregamento deste tipo de plantas, desde o respecto ao medio ambiente e á saúde, supón unha oportunidade para a Comunidade, xa que o biogás e o biometano contribúen á economía circular e á transición enerxética

19/11/2025 | 11:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de interese autonómico do Monte Mero na Coruña, coa previsión de urbanizar solo para máis de 4.000 vivendas

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes co fin de analizar en profundidade cuestións como o ruído, a mobilidade na contorna ou as necesidades de abastecemento e saneamento

18/11/2025 | 13:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta estuda a retirada da barreira artificial da lagoa da Frouxeira de cara a facilitar o fluxo natural da auga e evitar inundacións

Ángeles Vázquez explica que a previsión é que antes de que remate este ano estea listo o estudio que avaliará as repercusións que tería na lagoa a retirada das pedras instaladas a modo de dique artificial

18/11/2025 | 13:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lamenta que o Concello de Vigo se desentenda do abastecemento desde Eiras sen valorar os riscos nin aportar información para coordinarse con Augas

O organismo hidráulico autonómico expón unha planificación concreta e con garantías dos traballos necesarios para resolver as deficiencias detectadas nas válvulas reguladoras da presa, para os que ten formulada unha actuación por importe de 2 M€

18/11/2025 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial Carballiño-Maside

O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes en aspectos como a integración paisaxística e fluvial, a protección do patrimonio cultural existente na contorna, a xestión da auga ou dos ruídos

17/11/2025 | 15:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que a Xunta mobiliza 103 M€ para paliar o impacto sobre os concellos do ‘taxazo’ do lixo e das últimas medidas adoptadas polo Goberno central

Salienta que “Galicia é a única comunidade” en ofrecer estes apoios ás entidades locais para esta materia

17/11/2025 | 14:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica o contrato para dotar de servizo de abastecemento de auga a dous núcleos poboacionais no concello de Vilamarín por máis de 210.000 euros

As actuacións impulsadas por Augas de Galicia contan con cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional

17/11/2025 | 14:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo presenta unha retroescavadora para a brigada ambiental de Trazo que contou cunha achega da Xunta de 30.000€

A delegada da Xunta explicou que a actuación realizouse ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) competitivo que ten por obxectivo reverter o canon eólico en actuacións de conservación, restauración ambiental e cohesión territorial