Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.709 novas da área temática Educación:

04/03/2026 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta que EdugalIA mellorará o sistema educativo en eidos clave como a loita contra o abandono escolar e a atención á diversidade

Judith Fernández refírese a unha “aposta estrutural de país” para pasar “da simple dixitalización a unha gobernanza intelixente” a través da IA

03/03/2026 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta adxudica a Fsas Technologies a adquisición do novo supercomputador do Cesga por máis de 25M€

O Finisterrae IV, que duplicará a capacidade de almacenamento actual, está deseñado para dar resposta ás novas necesidades de cómputo da intelixencia artificial

03/03/2026 | 14:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a nova etapa do Campus Terra como unha oportunidade para reforzar Lugo como polo de I+D+I neste ámbito

O conselleiro de Educación e o reitor da Universidade de Compostela presentan o convenio para desenvolver a súa estratexia ata 2029, dotado con máis de 4,7 M€

03/03/2026 | 12:06 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos conciencia ao alumnado do CEIP Vilaverde-Mourente sobre a importancia de pagar impostos para contar cos servizos públicos que precisa a cidadanía galega

O conselleiro de Facenda e Administración Pública deu unha charla de educación cívico tributaria aos estudantes

03/03/2026 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez felicita aos estudantes galegos de FP que se alzaron con sete medallas en SpainSkills

Os dous ouros, que recaeron en Héctor Sánchez na modalidade Tecnoloxía do automóbil e en Manuel Prada en Tecnoloxía de vehículos pesados, representarán a España no campionato mundial de Shanghai en setembro e no europeo de Alemaña en 2027

02/03/2026 | 19:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta de Galicia avanza co Goberno central nunha vía específica de homologación de títulos dirixida a persoas beneficiarias das Bolsas Beme

Os representantes autonómicos insisten na necesidade dunha vía áxil —coordinada entre Xunta, universidades e Ministerio— da que poida acabar beneficiándose calquera persoa estranxeira que precise homologación formativa para exercer 

01/03/2026 | 10:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Desde hoxe e ata o 20 de marzo as familias xa poden solicitar praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2026/27

O prazo opera para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

28/02/2026 | 14:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A FP galega demostra a súa calidade ao alzarse con sete medallas no campionato SpainSkills

O alumnado galego de FP obtén dúas medallas de ouro nas categorías de Tecnoloxía do automóbil e Tecnoloxía de vehículos pesados; dúas de prata en Mecatrónica e Panadaría e tres de bronce en Desenvolvemento web, Ebanistaría e Administración de sistemas en rede

28/02/2026 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca que a Xunta está a investir máis de 12 M€ na renovación e modernización dos centros de Santiago

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades comproba o resultado do cambio de cuberta do Instituto A Pontepedriña, cun orzamento de máis de 306.000 €

27/02/2026 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sinala o equipo do CiMUS como exemplo do talento da I+G+i tras acadar un fito investigador sobre o cancro

Román Rodríguez felicita ao equipo Mobile Genomes polo seu descubrimento dun mecanismo do ADN que pode alterar reorganizacións nas células tumorais