Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.556 novas da área temática Educación:

02/01/2026 | 14:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta prevé rematar en abril a ampliación do IES Aquis Celenis de Caldas tras investir máis de 5,3 M€

O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, visita o centro para supervisar o desenvolvemento da intervención

02/01/2026 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destinará en 2026 máis de 70 M€ a axudas para estudantes e investigadores das universidades

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP difunde o calendario de datas previstas para a publicación dunha ducia de bolsas e premios

30/12/2025 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Instituto Galego de Estatística confirma a alta inserción laboral dos titulados nas universidades galegas

O estudo, centrado nos 11.242 egresados no curso 2021-22, reflicte que máis do 70% deles está traballando tres anos despois de titular e un 25% opta por seguir formándose u outras opcións

28/12/2025 | 10:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os dous centros da ESO da Xunta en Zas gañan os premios nacionais a experiencias educativas STEM

‘Clics seguros en Zas’, da docente Lorena Cerdeira do Centro Público Integrado, foi elaborado a partir do proxecto cREAgal impulsado pola Xunta de Galicia

28/12/2025 | 09:12 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostelería de Galicia anuncia o seu calendario de xornadas de portas abertas para 2026

As visitas están dirixidas a mozos e mozas e tamén ás súas familias e desenvólvense os sábados en horario de 10:45 a 13:00 horas

26/12/2025 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta distingue a capacidade de superación de 20 estudantes da ESO cos Premios Extraordinarios

Os galardóns ao rendemento académico do curso 24/25 poñen en valor o esforzo, a constancia e a excelencia deste alumnado fronte a diferentes dificultades

23/12/2025 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Concello de Curtis a creación dun novo servizo de interese municipal para mellorar o transporte do instituto do concello con Teixeiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos formalizaron coa UTE Hércules o convenio que permitirá activar o SIMU e implantar o próximo 8 de xaneiro, coincidindo co remate das vacacións de Nadal, tres novas expedicións para cubrir os horarios de entrada e saída do centro

21/12/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fomenta o consumo responsable a través do programa Infonadal entre máis de 3.300 estudantes de preto de 40 centros educativos de toda Galicia

Tras chegar entre o 25 de novembro e o 19 de decembro tanto a pequenos e pequenas como a alumnado maior de idade, a iniciativa continuará no marco das actividades de conciliación organizadas a partir de mañá por concellos e entidades sen ánimo de lucro

20/12/2025 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia con 265.000 € a 74 escolas de música de xestionadas por concellos e entidades sen ánimo de lucro

A Consellería de Educación, Ciencia, FP e Universidades vén de resolver as axudas, cuxo importe varía en función do número de alumnos de cada centro

19/12/2025 | 14:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta felicita ao Colexio Couceiro Freijomil de Pontedeume polo seu medio século sendo un referente na educación eumesa

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participa nos actos conmemorativos