Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 935 novas da área temática Industria:

15/05/2025 | 21:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda aposta por consolidar o Eixo Atlántico como alianza estratéxica e reclama equidade territorial en investimentos e competencias

Reivindica un modelo de cogobernanza multilateral de igualdade para todas as Comunidades sen renunciar á corresponsabilidade en temas como o financiamento autonómico

15/05/2025 | 16:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza máis de 186 M€ en axudas empresariais a través do maior paquete de apoios anticipados na historia do Igape

A directora do Igape, Covadonga Toca, expón no Parlamento de Galicia as actuacións desenvolvidas polo Instituto no primeiro trimestre, no que, por primeira vez, concentráronse 15 liñas de axuda ás que se sumaron despois outras catro de internacionalización

15/05/2025 | 15:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca en Stolt Sea Farm que o emprego industrial crece en Galicia por riba da media nacional

A Comunidade pasou de rexistrar 173.800 persoas ocupadas no primeiro trimestre de 2024 a 194.900 no mesmo período de 2025, a cifra máis alta de toda a serie histórica

14/05/2025 | 16:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reclama ao Goberno que aclare dunha vez por todas as causas do apagamento para dar estabilidade a industrias como Alcoa

“Agora mesmo, máis de 1.000 postos de traballo están en entredito na Mariña luguesa a consecuencia, precisamente, de que o Goberno de España non é quen de dar unha estabilidade á conexión eléctrica da nosa industria”, di

13/05/2025 | 17:05 | C. de Economía e Industria

A Xunta reivindica unha minería verde e sustentable que actúe como motor da economía e favoreza o asentamento de poboación no rural galego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou a xornada Arquitectura, construción e pizarra en Valdeorras, onde puxo en valor o importante desenvolvemento tecnolóxico deste sector nos últimos anos

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti

12/05/2025 | 16:28 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a primeira estratexia galega de Aeroespazo, Seguridade e Defensa mobilizará 900 M€ e permitirá o impulso e a creación de máis dun cento de novas empresas do sector

O Consello da Xunta deu visto e prace á nova folla de ruta do Goberno galego para o sector aeroespacial, que segundo o presidente supón unha oportunidade “para que industrias xa consolidadas en Galicia poidan diversificar a súa actividade e intensificala”

12/05/2025 | 16:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía as medidas precisas para garantir o mantemento dos servizos básicos galegos no caso dun novo apagamento

O Consello do Goberno galego analizou propostas nas diferentes áreas co obxectivo de asegurar a atención á cidadanía

08/05/2025 | 18:59 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

A Xunta e Stellantis continuarán traballando conxuntamente para reforzar a competitividade das empresas provedoras do sector de automoción en Galicia

Destaca que o ecosistema de empresas, centros tecnolóxicos e de coñecemento que rodea a fábrica de Stellantis en Vigo son un valor engadido que convén seguir afianzando

08/05/2025 | 12:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

A Xunta salienta a súa aposta polo desenvolvemento sostible no encontro de Sober

A conselleira do Medio Rural participou hoxe na apertura de O encontro de Sober. Diálogos rural-industria, onde destacou a importancia de preservar a “singularidade” galega ao mesmo tempo que se avanza nos planos económicos, sociais e ambientais