Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.273 novas da C. de Política Social e Igualdade:

26/08/2024 | 11:19 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta autoriza seis novas casas niño no rural cun orzamento de 560.000€

Isto supón 30 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non hai escola infantil

24/08/2024 | 10:16 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora para que o espectáculo ‘Dique’ de Nova Galega de Danza se represente no propio Dique da Campá de Ferrol

Este proxecto dálle visibilidade ao papel de centos de mulleres na construción desta infraestrutura no século XIX

23/08/2024 | 15:38 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta enxalza o Abanca Pantín Classic Galicia Pro como “proposta consolidada” que reforza a imaxe internacional de Galicia para a práctica do surf

Xosé Merelles defende o potencial do mar e dos recursos do litoral galego como xeradores de fluxos turísticos, durante a presentación desta competición deportiva apoiada polo Goberno galego

21/08/2024 | 12:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil pública autonómica de Salvaterra

O Goberno galego inviste 3 millóns de euros para renovar as instalacións deste tipo de centros aproveitando as vacacións de verán

20/08/2024 | 10:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para que os concellos soliciten axudas para a creación de prazas de 0 a 3 anos en escolas infantís municipais

O Goberno galego ofrece esta liña de financiamento por terceiro ano consecutivo, cun orzamento de máis de 34 millóns de euros

17/08/2024 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta colabora co Festival Ponte Farruca de Laza para promover a diversidade e a igualdade no rural

A festividade ten lugar este sábado e conta con feira de artesanía e agrícola, tractorada, exposición de coches e actuacións musicais, entre outras actividades

14/08/2024 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta publica a resolución de axudas para crear 20 novas casas do maior por toda Galicia

Crearanse nove casas na provincia de Ourense, oito na da Coruña, dúas na de Lugo e unha na provincia de Pontevedra

13/08/2024 | 14:34 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia con preto dun millón de euros a contratación de 32 orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se enmarca no obxectivo de facer máis accesibles, próximos e dinámicos os servizos de emprego

13/08/2024 | 13:44 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta felicita a Nova Galega de Danza polo seu proxecto ‘Dique’ que permite dar visibilidade ás mulleres da nosa historia

A obra pechará o círculo de actuacións o vindeiro 25 de agosto no propio Dique da Campá de Ferrol