Actualidade
Buscador de novas
Estabilizado o incendio forestal do concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira
Segundo as últimas estimacións provisionais, o lume afecta unha superficie de 45 hectáreas
A Xunta pon en valor o labor dos centros galegos de Venezuela como núcleos de sustento da rede de atención social á colectividade galega no país
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse en Caracas cos presidentes dos centros galegos en Venezuela, onde coñeceu de primeira man as necesidades e retos destas asociacións despois dos sismos do pasado mes de xuño
Gómez Caamaño destaca que a ampliación do cribado de cancro de cérvix reforza un programa que xa detectou o 75,7 % dos casos en fase inicial
A Xunta ampliará progresivamente o programa galego de detección precoz do cancro de cérvix ás mulleres de 30 a 35 anos e ás de 25 e 29 que non teñan a pauta de vacinación completa
A Xunta aposta por "industrializar a innovación" para converter o talento en crecemento empresarial e emprego
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa en Sevilla no Al-Andalus Innovation Venture, onde pon en valor o papel da Administración como facilitadora e conectora entre startups, empresas, tecnoloxía, financiamento e mercado
A Xunta apoia a posta en marcha da nova residencia de maiores e centro de día municipais de Cerdedo-Cotobade
Este equipamento, que estará na parroquia de Carballedo, contará con 59 prazas residenciais e outras 24 de atención diúrna
Portos de Galicia financiará o 80% das obras de reposición da pasarela de Noia para poder reabrila ao tránsito peonil en condicións de seguridade
A presidenta de Portos de Galicia reuniuse co alcalde da localidade para sentar as bases do convenio que regulará a colaboración de ambas administracións nesta actuación na que o Concello asumirá o 20% do custe
A Xunta apoia con máis de 13.000 euros ao Centro Comercial Aberto de Caldas
O delegado territorial destaca o papel do comercio de proximidade como elemento clave para a actividade económica e a vida dos municipios
Belén do Campo felicita na Laracha aos alumnos que remataron a súa formación de atención sociosanitaria a persoas dependentes grazas a un apoio da Xunta de máis de 52.000€
Na clausura a delegada informou que a Xunta de Galicia ten aberta a convocatoria 2026-2027 das Accións Formativas para persoas Desempregadas (AFD), ata o 30 de novembro, cun orzamento de 60 millóns de euros
A Xunta informa de que mañá mércores só o interior de Pontevedra estará en alerta amarela por episodio de calor
Segundo a predición de Meteogalicia, durante o mércores continuará a influencia das altas presións sobre Galicia