Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina preto de 65.000 € ao desenvolvemento de programas de voluntariado sénior en 8 concellos e 23 entidades sen ánimo de lucro
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude favorece con estas axudas que persoas maiores de 55 anos desenvolvan actividades de voluntariado
Rueda destaca o compromiso da Xunta coa atención aos maiores, a loita contra a soidade non desexada e a promoción dun envellecemento activo
Lembrou que o Goberno autonómico aposta por reforzar as políticas sociais e sanitarias para prestar os mellores servizos a todos os galegos, vivan onde vivan
A Xunta investirá preto dun millón de euros en obras de mellora na residencia de maiores de Oleiros
A actuación consistirá na reforma das cubertas do edificio para mellorar as súas condicións de illamento
Fabiola García participa nunha saída de ocio saudable coas persoas maiores da residencia Torrente Ballester da Xunta na coruña
Destaca as vantaxes deste tipo de propostas que favorecen o envellecemento activo e permiten aos residentes romper coas rutinas, compartir experiencias e facer un pouco de deporte ao aire libre
A Xunta participa na tradicional peregrinación de maiores ao Santuario de los Milagros
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiu aos actos organizados pola Fundación San Rosendo
A Xunta publica a resolución de axudas para crear 20 novas casas do maior por toda Galicia
Crearanse nove casas na provincia de Ourense, oito na da Coruña, dúas na de Lugo e unha na provincia de Pontevedra
A Xunta convoca axudas a programas de voluntariado interxeracional para dinamizar o rural
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude destina máis de 760.000€ a iniciativas que poñan en contacto a mocidade de entre 16 e 35 anos con maiores de 55 para dinamizar os concellos menos poboados e mellorar as perspectivas laborais da xuventude