Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por máis de 62.000 € a subministración sucesiva de probas rápidas para a diagnose en fluído oral de VIH e o virus da hepatite C
Estes test permiten acadar un diagnóstico precoz das enfermidades, posibilitando o inicio temperá do seu tratamento
Xunta, concellos e outros axentes do ecosistema de I+G+i colaboran na definición dun marco común que impulse a innovación no eido local
O Plan Local de I+D+i, que incluirá información sobre modelos de gobernanza, instrumentos de innovación, casos de éxito, fontes de financiamento e modelos de plans, servirá de referencia para que cada concello poida adaptalo á súa realidade
A Xunta publica no portal de transparencia unha actualización do proxecto de decreto para reducir a contaminación por nitratos de fontes agrarias
Nela contémplase como medida provisional unha moratoria para a instalación ou ampliación de explotacións gandeiras nas superficies cuxa escorrentía flúa cara as augas afectadas pola contaminación de nitratos de orixe agraria na conca do río Limia
O programa ‘Estudios Abertos’ reforza a difusión da arte contemporánea ampliando o número de días, espazos e artistas co apoio da Xunta
Anxo M. Lorenzo pon en valor a contribución deste proxecto para dar a coñecer o lugar e proceso creativo de artistas galegos noveles e consagrados
A Xunta recibe sete ofertas para as obras da fase 2.1 do Novo Chuac, que abrangue a escavación, o movemento de terras e a valorización de materiais
Esta actuación, licitada por preto de 52,2M€, constitúe unha fase esencial dentro do proceso de desenvolvemento do Novo Chuac, xa que permitirá preparar os terreos sobre os que se executará a futura ampliación
Gómez Caamaño salienta a aposta da Xunta por facer de Vigo o motor da integración da enxeñería biomédica na sanidade pública coa creación da categoría profesional e a convocatoria das primeiras prazas estables
Eloxia a excelencia da Universidade de Vigo no ámbito das enxeñerías sumada á capacidade asistencial, tecnolóxica, docente e investigadora do Hospital Público Álvaro Cunqueiro para formar novos profesionais
A Xunta colabora con preto de 55.000 euros do fondo adicional na mellora da eficiencia enerxética do pavillón polideportivo de Cerdido
A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións acompañada do alcalde, Alberto Rey
A Xunta fomenta unha maior presenza de mulleres nos espazos de decisión do sector pesqueiro e marisqueiro
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou en Arcade (Soutomaior) a xornada ‘Muller, Mar e Liderado’, un encontro práctico para impulsar a participación feminina nos órganos de goberno das confrarías
A Xunta e o sector da construción poñen en marcha un grupo de traballo para avanzar no uso de materiais reciclados na execución de obras públicas
Ángeles Vázquez explica que esta iniciativa nace co obxectivo principal de impulsar a utilización efectiva de áridos reciclados e outros materiais recuperados do sector da construción e da demolición, un fin que se enmarca na aposta do Goberno galego por converter os residuos en novos recursos