Actualidade
Buscador de novas
Miranda reforza os vínculos coa colectividade galega en Santos, destacando a importancia das entidades do exterior que manteñen viva a nosa cultura
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe nun encontro cos galegos e galegas residentes na cidade de Santos, en Brasil
Lorenzana destaca o papel de CEAPI na internacionalización do tecido empresarial galego
A conselleira subliñou que un dos obxectivos da Xunta é o de impulsar a internacionalización da economía de Galicia, e que as pemes e autónomos teñan acceso a novas cales e destinos de comercialización
Rueda pon en valor a cooperación Galicia-Norte de Portugal no eido da investigación e o coñecemento como exemplo da irmandade entre territorios
Definiu a ambos territorios como un dos espazos máis dinámicos de cooperación dentro da Unión Europea
O MUMI conecta as industrias musicais de Galicia e Portugal co apoio da Xunta
Máis de 250 axentes do sector participan esta fin de semana nos faladoiros, concertos e roldas de negocio onde se activarán as contratacións musicais da próxima temporada
Galicia e outras rexións europeas abordan o proceso de ampliación da UE
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE participou nunha reunión do Comité Europeo das Rexións que se desenvolveu en Hungría
Unha delegación do sector biotecnolóxico galego viaxa a Estados Unidos para explorar novos investimentos con entidades líderes
O equipo galego está formada por representantes da Xunta, clústeres empresariais, centros de investigación, fundacións sanitarias e empresas
A Xunta apoia un ano máis a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, recibiu hoxe ás persoas beneficiarias das bolsas de formación en cooperación internacional para o desenvolvemento
Galicia e o Norte de Portugal impulsan a súa colaboración para facilitar a mobilidade laboral entre ambas zonas
Fanno a través do convenio entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal para a coordinación do servizo de emprego Eures Transfronteirizo
López Campos anima o alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Galicia e dos seus devanceiros na Arxentina
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude recibe na Cidade da Cultura unha vintena de estudantes do centro que están a realizar unha viaxe de estudos á nosa Comunidade