Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.272 novas da área temática Medio ambiente:

28/09/2025 | 10:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por más de 111.600 € a adquisición dun novo equipo para o laboratorio de Medio Ambiente de Galicia para análises automatizadas máis áxiles

O procedemento prevé o subministro, instalación e posta en marcha dun analizador de especies de carbono e nitróxeno total para o control de calidade das augas

27/09/2025 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 50.000 euros á posta en valor da contorna fluvial da área recreativa da presa, no concello de Frades

Ángeles Vázquez explica que esta intervención permitirá devolver a este espazo todo o seu valor ambiental e funcional, e favorecerá o uso responsable desta zona que é moi utilizada por veciñanza e visitantes para desfrutar do seu tempo de lecer

26/09/2025 | 15:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada da Xunta en Ferrol comproba nas Somozas a evolución da construción da planta de revalorización de residuos de Valogreene Recinor

Martina Aneiros destacou que con proxectos coma este Galicia reforma a súa aposta pola economía circular ao tempo que mellora a competitividade do tecido produtivo e impulsa a xeración e consolidación do emprego

26/09/2025 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a crecente implicación das empresas na Alianza Galega polo Clima para lograr unha comunidade máis sostible e con menos emisións

Ángeles Vázquez afirma que facer unha Galicia verde e sostible precisa de políticas que teñan en conta ás persoas e aos axentes sociais e económicos

26/09/2025 | 12:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por 28 M€ as obras para ampliar a estación depuradora de Vilagarcía de Arousa

A nova infraestrutura dará servizo a unha poboación de preto de 100.000 habitantes, o que suporá duplicar o número de persoas para as que foi deseñada

26/09/2025 | 12:22 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral

Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética

25/09/2025 | 18:28 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aposta do Matadoiro Celtaverde pola produción ecolóxica certificada

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou hoxe as instalacións desta empresa no concello lucense de Taboada, onde traballan con gando bovino, porcino, ovino, caprino e, proximamente, con equino

25/09/2025 | 17:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina este ano 9,2 M€ á execución de 238 proxectos para fomentar o desenvolvemento sostible

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo en Vilarmaior ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que permitiron ampliar a rede de saneamento de augas residuais na parroquia de Doroña

25/09/2025 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo anuncia a construción dunha nova senda de case 500 metros en Ponteceso que dará continuidade ao seu paseo litoral reforzando a posta en valor do río Anllóns

O proxecto, que conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros, contempla a execución dun tramo de arredor de 500 metros de lonxitude

25/09/2025 | 14:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a ampliación da EDAR de Sada como exemplo de compromiso da Xunta coa calidade das augas de Galicia

Subliña que incorporará tecnoloxías avanzadas, como un reactor biolóxico que permitirá tratar un 50% máis de carga contaminante nun 40% menos de espazo