Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 483 novas da área temática Patrimonio:

02/03/2023 | 13:26 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza a iluminación exterior da Cidade da Xustiza de Vigo

A Dirección Xeral comunica ao Instituto Enerxético de Galicia o informe favorable para a luz ornamental da torre, da fachada posterior e da praza peonil

01/03/2023 | 12:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Patrimonio Cultural autoriza a urbanización do Polígono 1 do Plan parcial de San Paio de Navia

A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o informe favorable para avanzar no desenvolvemento urbanístico do barrio

20/02/2023 | 12:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste máis de 65.000 € na restauración da igrexa de Santa Baia de Mos

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, comproba o resultado dos traballos, acompañado da veciñanza
 

16/02/2023 | 15:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Patrimonio Cultural autoriza ao Concello de Vigo á rehabilitación do Pazo da Raposeira e á reforma do muro do Pazo da Pastora

A Dirección Xeral comunica senllos informes favorables para avanzar nos dous proxectos de intervención

04/02/2023 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra a recuperación do mosteiro de Dozón, unha das principais xoias do rural galego

O conselleiro de Cultura inaugura a rehabilitación de San Pedro de Vilanova, onde a Xunta de Galicia acaba de investir 300.000€
 

03/02/2023 | 14:11 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a súa colaboración coa Fundación da Catedral de Santiago para a reparación do patrimonio en madeira do templo compostelán

As actuacións permitiron restaurar o baldaquino, na capela maior; así como os xugos de carballo das campás A Maior e A Prima Salomé, na Torre das Campás; ademais de intervir nas capelas absidiais da cabeceira do templo e na Corticela
 

31/01/2023 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros

Ángeles Vázquez valora a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por menores de 35 anos

29/01/2023 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta organizará un congreso internacional na Ribeira Sacra este verán para relanzar a candidatura a Patrimonio da Humanidade

O titular de Cultura expón que Galicia “traballa para estar preparada” e presentar as outras dúas candidaturas en marcha, Cíes-Parque Nacional das Illas Atlánticas e Ferrol. Porto da Ilustración, á fase final deste proceso en canto se retomen os prazos a nivel nacional

26/01/2023 | 14:57 | A Presidencia da Xunta

A Xunta declara Betanzos como área Rexurbe para contribuír a dinamizar e revitalizar o seu conxunto histórico-artístico

O presidente Alfonso Rueda salienta que as actuacións que se levarán a cabo servirán para mellorar a vida social e económica da veciñanza