Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 529 novas da área temática Portos:

20/07/2023 | 14:59 | C. do Mar

A Xunta impulsa a divulgación do patrimonio marítimo e a educación azul coa xira do buque Atyla por distintos portos galegos

A embarcación escola percorrerá entre o 26 de xullo e o 21 de agosto os peiraos de Vigo, Combarro, Sada, Viveiro, Corcubión e Muros, onde poderá visitarse de balde

12/07/2023 | 11:57 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca o labor da Autoridade Portuaria de Vigo para construír a cidade do futuro e consolidar este porto como un referente a nivel internacional

Amosa a plena disposición da Administración autonómica para colaborar á hora de impulsar a súa competitividade e capacidade loxística e reclamar os compromisos en materia de infraestruturas co peirao e a súa área de influencia

07/07/2023 | 19:53 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda destaca a Carlos Botana como o perfil ideal para impulsar a competitividade e a capacidade loxística do porto de Vigo

Subliña o amplo coñecemento da institución por parte do novo presidente da Autoridade Portuaria, o seu carácter dialogante e a aposta por “buscar consensos”

26/06/2023 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta advirte de que as trabas do Estado a renovar a concesión da empresa A Ostreira fan perigar a subministración de semente ao sector marisqueiro

Ángeles Vázquez lamenta que as instalacións que a empresa ten no Grove vexan comprometido o seu futuro polas exixencias do Goberno central de cambiar de lugar unhas piscinas asentadas no dominio público marítimo-terrestre que son vitais no seu proceso de produción e que carecen de localización alternativa

24/06/2023 | 13:42 | C. do Mar

A Xunta dotará o peirao do Barqueiro dun novo dique de abrigo cun investimento de 100.000 euros

O prazo de presentación de ofertas da licitación desta actuación remata o próximo luns e os requisitos poden consultarse na plataforma de Contratos de Galicia

18/06/2023 | 12:19 | C. do Mar

As empresas interesadas no contrato de limpeza dos portos autonómicos nos vindeiros dous anos teñen ata o 12 de xullo para presentar as súas ofertas

A licitación do concurso de Portos de Galicia para eses dous exercicios conta cun orzamento inicial de 9,6 millóns de euros e o seu valor estimado ascende ata os 19,2 millóns de euros incluíndo a posibilidade de realizar dúas prórrogas dun ano

16/06/2023 | 15:03 | C. do Mar

Galicia será o epicentro do debate europeo sobre o futuro da ciencia oceánica e do mar coa celebración en Vigo da Conferencia EurOCEAN 2023

O evento celebrarase no auditorio Mar os días 10 e 11 de outubro e reunirá a comunidade científica, responsables políticos e administracións de todos os niveis, así como a representantes da industria e da sociedade para debater sobre os retos e oportunidades do ámbito do mar

08/06/2023 | 13:25 | C. do Mar

A Xunta aforra un 70 % de enerxía no bombeo de augas residuais en sete portos pontevedreses grazas ao uso de equipamentos intelixentes e o control telemátic

Portos de Galicia ten en marcha un proxecto piloto de monitorización e seguimento en tempo real destas instalacións nos portos da Guarda, Baiona, Cangas, Tragove, Bueu, Vilanova de Arousa e O Xufre