Actualidad
Buscador de noticias
O Centro de Protonterapia de Galicia entra na fase de instalación do primeiro acelerador da sanidade pública española
Chegan a Santiago de Compostela 12 colectores con materiais da compañía líder en tecnoloxía de terapia de protóns que están a supervisar os traballos
A Xunta finaliza a demolición do edificio do Hotel de Pacientes do Chuac na Coruña
A demolición da estrutura e a fachada do inmoble de 10 plantas realizouse en tres semanas trala intervención de maquinaria pesada
A Xunta licita o subministro de pantallas para o sistema de xestión de quendas no Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia de Vigo
O sistema permite unha mellor racionalización da circulación dos usuarios que acoden aos centros sanitarios e posibilita unha optimización da xestión das consultas
A Xunta reafirmará no 2026 a aposta por unha xestión facilitadora e pola colaboración público-privada a prol da competitividade empresarial
En canto ao reto do absentismo laboral inxustificado, González sinalou que pronto haberá máis resultados do informe das universidades de Santiago e Vigo do que se trasladaron as primeiras conclusións aos axentes sociais no marco do diálogo social
O Sergas publica a resolución provisional do concurso de traslados aberto e permanente de 2025 para as categorías de persoal estatutario sanitario e de xestión e servizos
Neste ciclo de adxudicación resultaron admitidos 3.313 profesionais, sendo provisionalmente adxudicatarios de destino 1.225 aspirantes
A Consellería de Sanidade é recoñecida polo seu sistema de xestión da calidade en saúde pública
A certificación conforme á norma internacional ISO 9001:2015 destaca a mellora continua, a eficiencia nos procesos e servizos e a satisfacción dos usuarios
Gómez Caamaño destaca a redución en máis de 14 días da espera para a consulta co especialista, que sitúa a Galicia en case 48 días menos que a media estatal
Sinala a comunidade como un exemplo de transparencia no ámbito das listas de espera hospitalarias, publicando máis información da establecida nos parámetros estatais e presentando os datos de maneira anticipada ao Ministerio de Sanidade
A Xunta incrementará en 2026 en máis dun 11 % o orzamento destinado a programas de cribados, acadando os 3,17 M€
O conselleiro de Sanidade subliña que Galicia conta cunha rede propia de cribados, con indicadores de calidade e sistemas de información actualizados, garantindo un trato homoxéneo a todos os pacientes e un seguimento constante dos resultados