Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 443 novas da área temática Discapacidade:

22/04/2026 | 15:03 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que o Goberno central aumentou a súa débeda coa dependencia en 250 millóns de euros no último ano

Denuncia que o Executivo de Pedro Sánchez pasou de sufragar o 40% no 2023 ao 32,9% no exercicio pasado

21/04/2026 | 11:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das Illas Atlánticas forma a guías e profesionais sobre a atención a persoas con trastorno do espectro autista nas visitas a espazos naturais

Nesta xornada, que está dirixida a guías, profesionais e persoal do Parque, abordaranse contidos sobre a creación de experiencias accesibles e inclusivas 

17/04/2026 | 09:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza a nova edición de axudas aos Centros Especiais de Emprego dotada con 27 M€ para impulsar a inserción laboral de persoas con discapacidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta convocatoria que incorpora melloras relevantes na simplificación administrativa e na axilización do procedemento, orientadas a facilitar a tramitación das axudas

11/04/2026 | 12:23 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo asiste á lectura do manifesto polo Día Mundial do Párkinson e reafirma o apoio da Xunta ás persoas afectadas e ás súas familias

A delegada da Xunta trasladou á entidade o compromiso do Executivo galego de seguir colaborando de maneira estreita para avanzar na atención e coidado das persoas con esta doenza

09/04/2026 | 15:10 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Rueda reforza a colaboración da Xunta coa Fundación “la Caixa”, que investirá 16 M€ este ano en Galicia

O responsable do Executivo autonómico asinou hoxe co presidente da entidade, Isidro Fainé, o acordo mediante o cal a fundación incrementa nun millón de euros o importe destinado a acción social, investigación, educación e cultura na Comunidade

07/04/2026 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que a Xunta elaborará o primeiro Plan Galego do Autismo para garantir o benestar, os dereitos e a inclusión de persoas con TEA

Avanza que esta folla de ruta, que estará rematada en 2027, atópase incluída no Plan Estratéxico de Galicia en materia de discapacidade

06/04/2026 | 13:07 | Axencia de Turismo de Galicia

Ana Ortiz anima a cidadanía, entidades e empresas a presentar iniciativas para participar no novo programa ‘O teu Xacobeo’

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo visitou aos responsables da Asociación Discamino para coñecer a súa liña actuacións este ano

05/04/2026 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inxectará máis de 600.000 euros ata 2028 para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar no concello de Porto do Son

Fabiola García destaca que Porto do Son foi o primeiro municipio xunto ao de Ponteareas en solicitar formalmente o aumento da achega da Xunta, que terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro

24/03/2026 | 13:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta denuncia que o Goberno central recorta un ano máis o financiamento da dependencia, reducindo a súa achega ao 32,9% no 2025

Fabiola García destaca que estes datos, coñecidos esta mesma semana, revelan que só no último exercicio o Estado deixou de abonar 250M€, polo que a débeda con Galicia supera xa os 3.000M€