Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial Carballiño-Maside
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na contorna e inclúe condicionantes en aspectos como a integración paisaxística e fluvial, a protección do patrimonio cultural existente na contorna, a xestión da auga ou dos ruídos
Rueda destaca que a Xunta mobiliza 103 M€ para paliar o impacto sobre os concellos do ‘taxazo’ do lixo e das últimas medidas adoptadas polo Goberno central
Salienta que “Galicia é a única comunidade” en ofrecer estes apoios ás entidades locais para esta materia
A Xunta adxudica o contrato para dotar de servizo de abastecemento de auga a dous núcleos poboacionais no concello de Vilamarín por máis de 210.000 euros
As actuacións impulsadas por Augas de Galicia contan con cofinanciamento da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional
Belén do Campo presenta unha retroescavadora para a brigada ambiental de Trazo que contou cunha achega da Xunta de 30.000€
A delegada da Xunta explicou que a actuación realizouse ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) competitivo que ten por obxectivo reverter o canon eólico en actuacións de conservación, restauración ambiental e cohesión territorial
Rueda avanza que no 2026 estarán xa en marcha as 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000
Destaca que Galicia conta cun Goberno que “cumpre cos seus compromisos” e que “seguiremos apostando por esa Galicia Calidade da que cada vez máis galegos e galegas se poidan sentir orgullosos”
A Xunta instala 13 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no río Mandeo, en Betanzos
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta adxudica por 3,6 M€ as obras para mellorar o sistema de abastecemento no Concello de Ares
A actuación ten como fin poñer á disposición da veciñanza auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo
A Xunta investirá 2 M€ en 2026 en habilitar o Camiño do litoral para unir a Galicia costeira de norte a sur e poñer en valor todo o seu patrimonio
A senda, de 1.300 quilómetros e dividida en 52 etapas, poderá percorrerse desde Ribadeo ata A Guarda, a pé, e de Ribadeo ata Tui, en bicicleta
A Xunta pon en valor a aposta dos concellos recoñecidos cos premios Vilas en flor por reforzar a súa riqueza paisaxística a través dunha xestión sostible
Ángeles Vázquez enxalza o labor de autoridades municipais, técnicos, asociacións veciñais e de todas as persoas que traballan no día a día para impulsar proxectos que converten as nosas contornas en lugares de encontro, convivencia, saúde e lecer
Galicia e Portugal intercambian sinerxías para o impulso das infraestruturas verdes locais no marco do proxecto europeo Green Gap
Abordan diferentes modelos para impulsar estas accións a través da presentación de distintas guías para o seu deseño, así como de casos prácticos e proxectos piloto de restauración ecolóxica, renaturalización ou mellora paisaxística