Actualidade
Buscador de novas
A Xunta esíxeslle ao Goberno central que presione en Bruxelas para renovar o acordo pesqueiro con Mauritania
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, traslada por carta a Luis Planas a preocupación do sector polo bloqueo negociador a dous meses de que expire o protocolo con maior peso económico da UE
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés da Lama, parroquia de Escuadra
O lume iniciouse ás 04,19 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 25 hectáreas
A Xunta abre mañá o prazo para a presentación de candidaturas aos Premios Artesanía de Galicia 2026
Ata o vindeiro 1 de outubro poderanse presentar as propostas para as tres categorías: Premio Artesanía de Galicia, dotado con 9.000€, Premio Traxectoria, de carácter honorífico, e as tres Bolsas Eloy Gesto, dotadas con 4.000€ cada unha
A Xunta pon en valor a Festa Final da Campaña Extraordinaria ‘Boiro Xoga’ a prol do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo asistiu á clausura da iniciativa da Asociación Boirense de Empresas, integrada no pulo autonómico ao sector comercial a través de cinco campañas extraordinarias apoiadas coa orde para centros comerciais abertos
A Xunta activa para mañá domingo alerta vermella por episodio de calor no interior de Pontevedra
Ademais, haberá alerta amarela no interior e suroeste da Coruña, na montaña de Ourense e nas Rías Baixas
Gómez Caamaño destaca os esforzos por humanizar a atención pediátrica no Servizo Galego de Saúde e reforzar o acompañamento ás familias
Remarca a aposta do Servizo Galego de Saúde pola humanización da atención pediátrica, con actuacións como a dulcificación na UCI pediátrica do Hospital Lucus Augusti ou na área de pediatría do centro de saúde da Estrada
Controlado o incendio forestal do concello pontevedrés de Silleda, parroquia de Oleiros
O lume iniciouse ás 22,49 horas do pasado xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 60 hectáreas
María José Gómez salienta a importancia da conservación e o mantemento das razas autóctonas no XXV aniversario de Boaga
A conselleira do Medio Rural participou hoxe nesta celebración, onde recoñeceu e agradeceu o labor levado a cabo por esta entidade