Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.555 novas da área temática Educación:

27/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2026 arredor de 1.500 prazas de profesorado, o que afianzará a mellora progresiva de ratios co reforzo de docentes pese a caída de alumnos

Román Rodríguez detalla que estas contas, que medran ata os 3.090 M€, un récord que representa o “compromiso político” coa educación e a I+D+i “como piares para asegurar o benestar das persoas e o progreso social e económico de Galicia”

27/10/2025 | 12:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Manuel Pardo salienta a formación desenvolvida no CIFP Santa María de Europa como garante da atención ás necesidades de talento do tecido produtivo

O delegado destacou a aposta da Xunta por formar e reter talento atendendo ao que demandan as empresas galegas, combinando —no exterior— a atracción de talento planificada e —no interior— unha formación para o emprego flexible

27/10/2025 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa a escolares de Santiago os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas no marco do proxecto ‘Artesanía na escola’

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe o CPR Compañía de María para asistir ás demostracións da zoqueira Elena Ferro e do artesán Xosé Manuel Sanín, que protagonizan as dúas primeiras unidades didácticas deste programa autonómico

26/10/2025 | 13:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 250 estudantes demostrarán o talento da formación profesional galega no 8º Campionato GaliciaSkills 2025

Celébrase os días 28, 29 e 30 de outubro no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda

26/10/2025 | 10:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta levará o programa ‘Que non te líen, ti elixes’ a máis de 90 de centros secundaria para fomentar a elección profesional libre de prexuízos de xénero

O Goberno galego vén de publicar a lista de beneficiarios da 4ª edición desta iniciativa impulsada polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

25/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa en Lalín proxectos por importe de 42 M€, dos cales preto de 15 M€ están consignados nos orzamentos de 2026

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o inicio da ampliación do Instituto Aller Ulloa, cun investimento de case 3M€ para un módulo destinado á FP

25/10/2025 | 10:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta incrementa en 160 millóns o orzamento para profesorado desde a sinatura do acordo de mellora do ensino

O conselleiro de Educación participa na apertura dunha xornada de formación para desenvolver a función directiva

24/10/2025 | 18:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste este ano 1,3 M€ en obras nos colexios de Igrexa-Calo e dos Tilos, en Teo

O conselleiro de Educación visita o colexio de Calo, no que a rehabilitación integral está executada ao 70%, coa previsión de rematala ao longo do mes de decembro

24/10/2025 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta que o ciclo de Navegación e pesca de litoral é un exemplo do impulso dunha oferta de FP aliñada co territorio e o tecido socioeconómico

A directora xeral de FP visista as instalacións para a formación dos 18 estudantes matriculados neste ciclo, en colaboración co Porto de Celeiro

24/10/2025 | 15:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o liderado estatal das bibliotecas escolares galegas e o seu papel no novo Plan de lectura

O 98,2% dos colexios e institutos galegos contan con bibliotecas en funcionamento, 15,7 puntos por riba da media estatal que é do 82,5%, segundo datos do Ministerio