Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 793 novas da área temática Xuventude:

09/11/2023 | 18:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa unha oferta de ocio educativo e tempo libre para a xente nova durante todo o ano

Ademais da Campaña de Verán, destacan programas como Primavera Xove, Día da Xuventude ou o Outono Xove, que nestes momentos ten en marcha a súa terceira edición con 900 prazas para actividades de fin de semana.

08/11/2023 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na tramitación do Bono Deporte para a súa entrada en vigor en xaneiro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do procedemento para a selección da entidade colaboradora que participará na entrega e distribución das axudas de 120 euros

07/11/2023 | 15:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 420.000 euros no programa de emprego para persoas mozas de Vilanova de Arousa

O delegado territorial asegurou que este programa demostrou ser “unha ferramenta excelente para todos os que quixeron aproveitala”

04/11/2023 | 14:16 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o compromiso da Xunta coa protección á infancia a través do mantemento de máis de 200 prazas de atención diúrna

Por vez primeira estas prazas será concertadas por réxime de concerto social, para o que se destinará 19,6 millóns de euros

01/11/2023 | 10:34 | C. de Política Social e Igualdade

O programa ‘Outono Xove’ da Xunta ofrece 900 prazas de ocio educativo e tempo libre en distintos albergues da xeografía galega

Está dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos que poderán inscribirse a través do formulario da páxina web de xuventude

30/10/2023 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta resolve por concerto social máis de 200 prazas en centros de día para nenos e adolescentes con medidas de protección

Destínanse 19,6 millóns de euros a estes servizos de atención diúrna entre o que resta de ano e 2027

28/10/2023 | 12:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta propicia un encontro da xente nova que participa no programa Xuventude Mentoring

O vindeiro ano destinaranse preto de dous millóns de euros a seguir facilitando a transición da mocidade ao ámbito laboral, a través desta proposta e do Xuventude Mentoring na Empresa