Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.440 novas da área temática Agricultura e gandería:

01/07/2026 | 11:50 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia aos gandeiros para fomentar a recría das razas autóctonas de ruminantes ameazadas

Por segundo ano consecutivo, a Consellería publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria destas axudas, dotadas con 390.000 euros, que teñen como finalidade apoiar aos produtores que apostan pola preservación do patrimonio xenético, así como pola sustentabilidade do rural

30/06/2026 | 17:12 | C. do Medio Rural

Medio Rural reúnese con representantes da Feira WineMad para analizar a presenza de Galicia na próxima edición deste evento en Madrid

Durante o encontro co director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria analizáronse os resultados da primeira participación da Xunta neste evento, que se consolidou como un dos espazos de maior impacto grazas á proposta expositiva e á intensa programación desenvolvida

30/06/2026 | 17:01 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a cooperación do Centro Tecnolóxico da Carne en 30 proxectos de I+D+i no 2025, valorados en máis de 14 millóns de euros

A secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural presidiu hoxe a reunión do padroado deste entidade, na que se aprobaron as contas do pasado ano

30/06/2026 | 15:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a contribución do selo Artesanía Alimentaria á xeración de valor engadido e á conservación da tradición gastronómica galega

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na xornada Innovación no Sector Agroalimentario, organizada polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial do Río Miño

30/06/2026 | 15:14 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 370.000 euros no desenvolvemento de tres pasteiros nos concellos de Maceda, Montederramo e Xunqueira de Espadanedo

Cunha superficie superior ás 30 hectáreas, en todos se levaron a cabo traballos de preparación do terreo, construción de novas infraestruturas e de acondicionamento para o benestar do gando

30/06/2026 | 12:38 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén as medidas preventivas diante da dermatose nodular contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG unha nova resolución pola que se prorrogan estas medidas desde o 1 ata o 31 de xullo, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza

29/06/2026 | 18:38 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a aposta pola calidade diferenciada no sector dos licores e augardentes tradicionais

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou hoxe as instalacións do Grupo Paniagua, no Carballiño

29/06/2026 | 16:45 | C. do Medio Rural

Maria José Gómez salienta o labor desenvolvido polos Africores como un traballo primordial no control do rendemento leiteiro e da mellora xenética

A conselleira do Medio Rural sinalou que o traballo destas entidades ten unha influencia directa no sector lácteo galego, recoñecido pola boa saúde e calidade da súa cabana