Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reivindica a formación profesional como piar estratéxico do emprego de calidade e do desenvolvemento industrial de Galicia
Román Rodríguez subliña que a FP deixou de ser unha alternativa secundaria para converterse nunha primeira opción de éxito que sustenta unha auténtica "revolución silenciosa" nas aulas e empresas galegas
Belén do Campo destaca o investimento máis de 454.000€ no Obradoiro de Emprego de Touro-Boimorto e O Pino que formará a 20 desempregados no ámbito forestal
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en aproveitamentos forestais.
Martina Aneiros dá a benvida en Ortigueira aos 20 alumnos que participan no obradoiro dual de emprego ‘Terras do Ortegal III’
Trátase dunha iniciativa promovida polos concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón e financiada cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de máis de 454.000 euros
A Xunta cede ao Concello de Poio unha escultura realizada no CIFP de Cantería de Galicia
O conselleiro Román Rodríguez participa na inauguración dunha obra elaborada en granito por un antigo alumno e que representa a unha nai co seu fillo
Belén do Campo destaca o investimento de 467.000€ na V edición do obradoiro de emprego de Boiro no que se formarán 20 persoas desempregadas
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter certificados de profesionalidade en repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e en instalación de elementos de carpintería
A Xunta e o Banco de España impulsan unha nova edición das sesións formativas ‘Finanzas para todos’ na Rede CeMIT
As actividades terán lugar entre os meses de xuño e outubro en aulas de 5 concellos galegos
A Xunta destaca a súa aposta pola formación flexible e á demanda das empresas e o seu plan de atracción de talento de cara á cobertura das vacantes laborais
José González salienta o decreto de microcredenciais que permitirá que asociacións como Anapat deseñen e certifiquen formación adaptada ás súas necesidades, a maiores das ordes formativas en beneficio das persoas desempregadas e ocupadas
A Xunta inicia a ampliación do instituto Lamas de Abade e eleva a case 6,5 M€ o investimento en obras en marcha nos centros educativos de Santiago
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisa o comezo dos traballos, que contan cun orzamento de máis de 1,3 M€ e habilitarán case 500 m² novos