Actualidade
Buscador de novas
A Xunta informa ao concello de Rairiz de Veiga das axudas que pon á disposición das entidades locais para mellorar as redes de abastecemento e de saneamento
Explica que, ao abeiro destes apoios, o concello podería financiar actuacións como a construción de depósitos de abastecemento en Fontefría e Forxás ou as melloras do servizo na Venda e Sabariz
A Xunta licita por más de 111.600 € a adquisición dun novo equipo para o laboratorio de Medio Ambiente de Galicia para análises automatizadas máis áxiles
O procedemento prevé o subministro, instalación e posta en marcha dun analizador de especies de carbono e nitróxeno total para o control de calidade das augas
A Xunta destina preto de 50.000 euros á posta en valor da contorna fluvial da área recreativa da presa, no concello de Frades
Ángeles Vázquez explica que esta intervención permitirá devolver a este espazo todo o seu valor ambiental e funcional, e favorecerá o uso responsable desta zona que é moi utilizada por veciñanza e visitantes para desfrutar do seu tempo de lecer
A delegada da Xunta en Ferrol comproba nas Somozas a evolución da construción da planta de revalorización de residuos de Valogreene Recinor
Martina Aneiros destacou que con proxectos coma este Galicia reforma a súa aposta pola economía circular ao tempo que mellora a competitividade do tecido produtivo e impulsa a xeración e consolidación do emprego
A Xunta destaca a crecente implicación das empresas na Alianza Galega polo Clima para lograr unha comunidade máis sostible e con menos emisións
Ángeles Vázquez afirma que facer unha Galicia verde e sostible precisa de políticas que teñan en conta ás persoas e aos axentes sociais e económicos
A Xunta licita por 28 M€ as obras para ampliar a estación depuradora de Vilagarcía de Arousa
A nova infraestrutura dará servizo a unha poboación de preto de 100.000 habitantes, o que suporá duplicar o número de persoas para as que foi deseñada
Rueda salienta a importancia da combinación de economía e respecto polo medio ambiente para o desenvolvemento do litoral
Aposta polo diálogo directo e a colaboración co sector, que aporta arredor do 2% do PIB autonómico, para avanzar en proxectos de infraestruturas, dixitalización e transición enerxética
A Xunta pon en valor a aposta do Matadoiro Celtaverde pola produción ecolóxica certificada
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitou hoxe as instalacións desta empresa no concello lucense de Taboada, onde traballan con gando bovino, porcino, ovino, caprino e, proximamente, con equino
A Xunta destina este ano 9,2 M€ á execución de 238 proxectos para fomentar o desenvolvemento sostible
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou hoxe as actuacións levadas a cabo en Vilarmaior ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, que permitiron ampliar a rede de saneamento de augas residuais na parroquia de Doroña
Belén do Campo anuncia a construción dunha nova senda de case 500 metros en Ponteceso que dará continuidade ao seu paseo litoral reforzando a posta en valor do río Anllóns
O proxecto, que conta cun orzamento próximo aos 45.000 euros, contempla a execución dun tramo de arredor de 500 metros de lonxitude