Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.424 novas da área temática Sanidade:

26/12/2025 | 10:46 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe mantense en intensidade media con tendencia decrecente

O último informe de actividade das infeccións respiratorias agudas da Dirección Xeral de Saúde Pública indica que as persoas maiores de 80 anos son as que presentan unhas maiores taxas de ingreso hospitalario por gripe

25/12/2025 | 09:46 | C. de Sanidade
24/12/2025 | 10:09 | C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 65.000 € o servizo de impresión e montaxe dos materiais da carpeta de saúde infantil que se entrega coa cesta benvida

A Consellería de Sanidade adaptou este ano a carpeta á ampliación do calendario vacinal e do cribado neonatal, os máis completos do Estado

23/12/2025 | 13:16 | C. de Sanidade
23/12/2025 | 11:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía a rede pública de atención temperá coa creación de dúas novas unidades

Un destes centros estará en Culleredo e o outro dará servizo aos concellos de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes

23/12/2025 | 11:26 | C. de Sanidade

A campaña 'Doa sangue. O mellor agasallo' da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visita este Nadal preto dun cento de concellos galegos

A ADOS lembra a necesidade de obter, diariamente, ao redor de 400 doazóns de sangue para garantir as reservas dos diferentes compoñentes sanguíneos

22/12/2025 | 21:31 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o carácter humanista e solidario do doutor Diego González Rivas

O conselleiro pon en valor o compromiso coa saúde do cirurxián coruñés e remarca o orgullo que representa para Galicia contar cun referente mundial no eido da cirurxía torácica, converténdoo nun bo embaixador da marca Galicia Calidade

22/12/2025 | 14:59 | C. de Sanidade

A Xunta aproba dúas novas ofertas de emprego público cun total de 123 prazas de diferentes postos da administración sanitaria

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes salienta que se ofertan “un total de 100 prazas para postos de difícil cobertura” nos diferentes centros sanitarios

22/12/2025 | 13:51 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 105.000 € o mantemento preventivo, correctivo e de actualización tecnolóxica do equipamento do Laboratorio de Saúde Pública de Galicia

As instalacións contan con equipos de identificación e confirmación analítica na área de físico-química e na área de microbioloxía, vencellados aos controis de sanidade ambiental e seguridade alimentaria