Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello de Cabana de Bergantiños avalían a mellora da senda da marxe esquerda do río Anllóns e a súa inclusión no Camiño do litoral
Este tramo, que se enmarcaría na etapa entre Corme e Laxe da senda promovida polo Goberno galego, precisaría dunha actuación para a súa mellora funcional e estética
Ángeles Vázquez anima a cidadania a desfrutar da riqueza paisaxística da costa galega durante esta Semana Santa
Incide na importancia de garantir o equilibrio entre a preservación dos nosos recursos naturais e o seu desfrute público para garantir a conservación da paisaxe litoral
Rueda destaca o novo Catálogo de bens de valor cultural no litoral, con máis de 2.000 construcións e que será clave para protexer o patrimonio costeiro
Salienta que A Coruña é a provincia con máis elementos catalogados (988), seguida de Pontevedra (835) e Lugo (180)
A tempada de actividades de lecer comeza no litoral de Pontevedra con preto de 360 instalacións e servizos autorizados nas praias e na franxa costeira
A maior parte dos títulos habilitantes outorgados na provincia (258) enmárcanse nos plans de explotación aprobados a 11 concellos e o resto de expedientes particulares
A Xunta denuncia o intento do Goberno central de amordazar e silenciar ás comunidades na tramitación da reforma do Regulamento Xeral de Costas
Ángeles Vázquez lembra que foron os múltiples defectos de forma do procedemento e a viaxe que realizou a Bruxelas para pedir amparo á Comisión Europea os que levaron ao Executivo central a ampliar o prazo de alegacións ao anteproxecto de real decreto e a remitir ás autonomías a Memoria de análise de impacto normativo
A Xunta e o Concello de Vilanova de Arousa analizan vías de colaboración en cuestións vencelladas co saneamento da auga e a xestión do litoral
Ángeles Vázquez e Gonzalo Durán avaliaron a situación do proxecto para a mellora do saneamento municipal -que beneficia tanto a Vilanova como a Cambados-, no que se están a definir as posibilidades de financiamento de cara á execución das obras
A Xunta sostén que o Goberno central asume a falta de información e os defectos de forma denunciados por Galicia na reforma do Regulamento de costas
Ángeles Vázquez asegura que o feito de que o Ministerio veña de ampliar o prazo para presentar observacións e de enviar a memoria de análise de impacto normativo que aínda non fixera pública supón unha resposta ás reclamacións de Galicia e do resto de comunidades litorais
A Xunta entrega á Comisión Europea un informe xurídico da reforma do Regulamento de costas estatal para acreditar que é contraria a dereito e pedir o seu amparo
Ángeles Vázquez lamenta os anos de escurantismo sobre o expediente de infracción aberto a España polas concesións na costa e advirte de que os cambios impulsados agora de forma acelerada van máis aló do ditame emitido pola Comisión Europea
Ángeles Vázquez salienta en Bruxelas as iniciativas postas en marcha pola Xunta para converter Galicia nunha comunidade líder en acción climática
Pon en valor a aprobación da Lei do clima, que ademais de dotar de seguridade xurídica á loita contra o cambio climático, contribuirá a que Galicia sexa neutra en emisións en 2040, dez anos antes do obxectivo proposto pola Unión Europea