Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.449 novas da área temática Agricultura e gandería:

13/10/2025 | 18:16 | C. do Medio Rural

Un total de 177 empresas participan este ano nas catas de viños e augardentes de Galicia que organiza Medio Rural cos consellos reguladores

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe ás precatas (selección previa) no Pazo de Quián, en Boqueixón

11/10/2025 | 12:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca en Ribadeo o papel da economía social na xeración de oportunidades no rural e o seu impacto no sector primario

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá nas xornadas ‘Ribadeo en rede. Unha mostra de oportunidades que nos unen’, apoiada pola Rede Eusumo

10/10/2025 | 17:48 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o potencial do sector avícola dentro da economía galega

A conselleira María José Gómez clausurou a I Convención Campomayor organizada pola empresa lucense co obxectivo de dispor dun espazo que favorece a reflexión, diálogo e futuro dun ámbito estratéxico como é o ovo

10/10/2025 | 15:46 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina máis de 21 M€ á sanidade vexetal entre 2022 e 2026 como aposta estratéxica para seguir impulsando o sector

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias compareceu na Comisión 7ª do Parlamento, a petición propia, para dar conta das medidas da Xunta nesta materia e respondeu tamén unha pregunta sobre seguros agrarios

10/10/2025 | 14:28 | C. do Medio Rural

Medio Rural pon en valor as actuacións en materia de mobilización de terra agraria nunha xornada sobre urbanismo, vivenda e reto demográfico en Burgos

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, participou no evento e destacou a aposta da Consellería pola Lei de recuperación da terra agraria de Galicia