Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 782 novas da área temática Educación:

04/03/2023 | 21:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda resalta o papel dos profesores para converter o sistema educativo galego nun referente en toda España

Subliña que Galicia logrou reducir a taxa de abandono escolar ata situarse no 9,9 % actual fronte ao 26 % de 2009

03/03/2023 | 10:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta exhibirá o potencial das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas en Galicia na primeira feira Innovart

Román Rodríguez avanza que este evento será en abril un escaparate de promoción e difusión desas ensinanzas, dirixido aos estudantes e ao público en xeral

02/03/2023 | 14:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP pon en valor o espírito emprendedor do instituto de Vilamarín en prol dunha maior empregabilidade

Eugenia Pérez salienta a aposta da Xunta a través do Plan Eduemprende e dos viveiros de empresa

02/03/2023 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa celebra o Día Mundial da Natureza co alumnado do IES de Ponte Caldelas

O centro foi galardoado co primeiro premio da categoría B do certame ‘Innovagal’ polo proxecto ‘Da terra á nube: o monte vivo’

02/03/2023 | 12:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén supervisa o desenvolvemento do Programa de Apoio e Reforzo Asistido por Cans dentro da iniciativa EDU Innova da Xunta

O delegado territorial da Xunta explicou que a iniciativa de Contratos-Programa trata de constituír un instrumento de apoio aos centros para que poidan desenvolver un plan de mellora no que se permita impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión dos centros

02/03/2023 | 11:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza os servizos de autobús entre Miño e Betanzos os xoves pola tarde para atender o alumnado do IES As Mariñas

Na liña que conecta Miño e o centro de saúde de Betanzos créanse dous novos servizos de ida e volta con horas de paso pola parada do instituto próximas ao inicio e ao fin das clases dos xoves
 

01/03/2023 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os XVIII Premios á Calidade Lingüística recoñecen os mellores traballos universitarios en galego

En total recibíronse preto de 200 traballos entre as tres categorías: académicos, de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM)

01/03/2023 | 11:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As familias poden solicitar ata o 20 de marzo praza para os seus fillos nos centros educativos para o curso 2023/24

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

28/02/2023 | 20:02 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social e Xuventude participa no 25 aniversario da Escola de Familias do colexio Pablo VI da Rúa

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, impartiu unha conferencia sobre a importancia de educar en Familia

28/02/2023 | 12:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima a achegarse á "furgoteca", que leva desde hoxe os servizos bibliotecarios aos veciños de 20 concellos do rural de Lugo e Ourense

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asiste á posta en marcha da iniciativa en Triacastela, onde salienta a “gran oportunidade” que trae consigo esta proposta itinerante ao achegar a lectura “a cada vez máis persoas”