Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.372 novas da área temática Forestal:

10/04/2025 | 17:30 | C. do Medio Rural

Controlado o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque do Xurés

Este incendio forestal, que entrou en Galicia desde Portugal, afecta unha superficie de menos de 1 hectárea e deuse por controlado ás 17.02 horas

10/04/2025 | 16:42 | C. do Medio Rural

Estabilizado o lume do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque do Xurés

O incendio forestal, procedente de Portugal, entrou en Galicia arredor das 13.20 horas deste mediodía, dándose por estabilizado ás 16.10 horas e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de menos de 1 hectárea

10/04/2025 | 16:01 | C. do Medio Rural

Activo un incendio no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afecta o Parque do Xurés

O lume, procedente de Portugal, entrou en Galicia arredor das 13.20 horas deste mediodía

08/04/2025 | 13:43 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina este ano máis de 50 M€ a labores de prevención de incendios forestais

A conselleira do Medio Rural salientou o esforzo da Xunta en materia preventiva nunha visita a un punto de auga para carga de medios aéreos e terrestres situado no concello ourensán de Maceda, no que se investiron preto de 85.000 euros

08/04/2025 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta prohibe desde este xoves as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir de pasado mañá, xoves, 10 de abril

08/04/2025 | 10:47 | C. do Medio Rural

Medio rural destina 1,4 M€ para fomentar a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destas axudas que se subdividen en dúas liñas centradas na creación de novas agrupacións, con ou sen base territorial, e no apoio ás xa existentes

07/04/2025 | 15:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo impulso da madeira como elemento construtivo nas edificacións públicas

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, participou na inauguración da Semana Forestal 2025

04/04/2025 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta forma a técnicos das administracións autonómica e local no emprego da madeira como elemento estrutural na construción pública

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández, acompañou ao alumnado do curso Madeira estrutural. Bases e sistemas produtivos, organizado pola EGAP, nas visitas realizadas esta mañá á firma Xilonor e ás obras do novo centro de saúde de Abegondo

04/04/2025 | 16:15 | C. do Medio Rural

Medio Rural inviste cada ano uns 25 M€ en 50 programas de sanidade animal para reforzar o excelente status da cabana gandeira galega

O titular de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, destacou na Cámara galega que o excelente nivel sanitario da cabana na nosa comunidade outorga ao sector unha vantaxe competitiva nos mercados