Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a importancia das repotenciacións de parques eólicos pois reducen o impacto na paisaxe e na contorna ao tempo que melloran a súa eficiencia
Ángeles Vázquez destaca que os nove proxectos voluntarios deste tipo tramitados pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático contan xa coa declaración de impacto ambiental favorable e oito coa autorización definitiva
A Xunta dá luz verde ambiental ao proxecto de Biofibras de Galicia nas Pontes supeditada ás exixencias dos informes sectoriais e da declaración de impacto
A resolución, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, inclúe condicionantes co fin de minimizar e compensar os posibles impactos que a iniciativa poida ter nos distintos elementos existentes na contorna
A Xunta e o Concello da Laracha avalían o proxecto para a construción dunha nova EDAR en Caión
Ángeles Vázquez reitera que a Xunta continuará prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias nesta materia de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade á súa veciñanza
A Xunta apoia con preto de 20.000 euros a sinalización e mellora do sendeiro de Gabián, no concello da Lama
As axudas con este fin beneficiaron a nove concellos da provincia de Pontevedra por valor de máis de 215.000 euros
A Xunta salienta a contribución de empresas como Birdmind a que Galicia avance na consecución dos obxectivos climáticos e da economía circular
Ángeles Vázquez destaca que os principios desta iniciativa empresarial coinciden cos do Executivo galego, tanto nas medidas fronte ao quecemento global como no aproveitamento íntegro dos recursos dispoñibles, buscando o desperdicio cero
A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€
Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032
A Xunta realiza labores de conservación na contorna do río Umia ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña
As tarefas que está a executar Augas de Galicia consisten na retirada de árbores caídas, roza de biomasa e vexetación e mantemento das plantacións existentes
A Xunta realiza labores de conservación en máis de 6,5 quilómetros de varios ríos, no concello de Cariño
As tarefas que realiza Augas de Galicia no municipio coruñés prolongaranse durante arredor de oito semanas e inclúen a retirada tanto de árbores caídas como de biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta inviste máis de 250.000 euros na eliminación de especies exóticas invasoras en distintos espazos naturais no marco do proxecto Life Global
O Goberno galego está a actuar nas lagoas costeiras das illas Cíes e no complexo húmido de Corrubedo para erradicar a presenza de exemplares de flora alóctona intervindo de forma selectiva, a pequena escala e preferentemente de maneira manual
A Xunta licita por preto de 300.000 € as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable da Senra, no concello de Cervo
O fin último das actuacións é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara a rede de saneamento municipal, garantindo así a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna