Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.031 novas da área temática Sanidade:

21/07/2025 | 13:34 | C. de Sanidade

O Diario Oficial de Galicia publica o terceiro programa temporal para a transición xeracional do persoal facultativo das institucións hospitalarias do Servizo Galego de Saúde

Neste terceiro programa ofrécense 78 contratos, 52 para as especialidades que finalizan o período formativo no mes de xullo e 26 para as que rematen en setembro

21/07/2025 | 12:46 | C. de Sanidade
19/07/2025 | 11:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 3,8 M€ a redacción do proxecto e da dirección da obra da fase final do Plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

O contrato será asinado a finais deste mes de xullo ou principios de agosto, co fin de poder iniciar os traballos

18/07/2025 | 13:35 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta o compromiso de 85 concellos na loita contra o tabaco, que eleva ata 249 as praias galegas sen fume

O conselleiro felicita aos 48 municipios que hoxe reciben o diploma na categoría de ouro, por declarar todos os areais do seu concello como espazos libres de fume

18/07/2025 | 12:15 | C. de Sanidade
18/07/2025 | 09:51 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 90.000 euros o subministro de dous sistemas ecográficos para aos servizos de medicina física e rehabilitación e de medicina interna da área sanitaria da Coruña

O Servizo de Medicina Física e Rehabilitación utiliza a ecografía como soporte imprescindible na valoración e tratamento da dor musculoesquelética

17/07/2025 | 16:52 | C. de Sanidade

A Xunta traslada aos concellos os informes elaborados para guiar a integración das unidades asistenciais de drogodependencia municipais no Servizo Galego de Saúde

As ponencias técnicas creadas no seo da comisión mixta do traspaso presentaron os informes elaborados, que os municipios deberán agora revisar e completar para comezar a materializar a integración

17/07/2025 | 14:50 | C. de Sanidade

A Xunta remata as obras de reforma do centro de saúde de Domaio, en Moaña, logo dun investimento de preto de 400.000 euros

Esta actuación de mellora supuxo a substitución da carpintería exterior de aluminio, dos paneis da fachada e a impermeabilización das cubertas 

17/07/2025 | 14:40 | C. de Sanidade

A Xunta licita por 1,8 M€ de euros a subministración de equipamento de alta tecnoloxía para os hospitais do Servizo Galego de Saúde

Este equipamento ten como destino o hospital Novo Montecelo de Pontevedra e os hospitais de Barbanza e de Cee