Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta e o Concello de Mondoñedo exploran vías de colaboración para modernizar o matadoiro municipal e garantir a súa actividade
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o rexedor mindoniense, Manuel Ángel Otero, abordaron nunha xuntanza de traballo as necesidades estruturais e de equipamento advertidas na infraestrutura municipal
A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordan prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano ata 2028 cun investimento autonómico de máis de 247.600€
O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas con case 62.000 euros ao ano
A Xunta avanza na consolidación dunha rede galega de ‘Mercados Excelentes’ co apoio a preto dunha trintena de concellos con interese en contar co selo
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cos beneficiarios da orde para fomentar este selo de excelencia, con case 700.000 € para 28 municipios dos que só dous están provistos xa co distintivo
A Xunta investirá en 2025 máis de 5,6M€ en actuacións de eficiencia enerxética en case unha decena de xulgados da comunidade
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou hoxe o edificio de xulgado de Caldas de Reis onde precisamente se levarán a cabo traballos por importe de 400.000 euros o próximo ano na renovación da iluminación, da climatización ou do illamento
A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos de Cabanas, Bergondo e Sada
Intervirase no ámbito das rutas de acceso polo leste á cidade da Coruña nun total de 9 estradas de titularidade autonómica, cun investimento de preto de máis de 2,2M€
Os orzamentos da Xunta para 2025 destinan un investimento de 241 M€ ás políticas de vivenda e urbanismo, case un 32% máis que o ano pasado
Heriberto García subliñou que en 2025 se dirixen 101M€ á construción de vivenda de promoción pública e máis de 20M€ ao desenvolvemento de solo residencial.
A Xunta urxe ao Concello de Melide a responder á proposta remitida para conectar o polígono da Madanela coa estación depuradora
O Executivo galego ofreceu a finais de 2020 asinar un convenio de colaboración a tres bandas que suporía un investimento de máis de 1,5 M€ e contribuiría a poñer fin aos vertidos ao río Furelos, pero non obtivo resposta do Goberno local
María M. Allegue destaca a aposta da Xunta polo uso das técnicas industrializadas na construción de vivenda pública sostible e de calidade
A conselleira incide no traballo que está a desenvolver o Goberno galego no reto desta lexislatura para duplicar o parque de vivenda pública ata as 4.000, e o desenvolvemento de solo para 25.000 máis, das cales 20.000 serán protexidas
A UTE Pinós-Enrich gaña o concurso de ideas para a rehabilitación do Pazo de Lourizán por unanimidade
O xurado valora especialmente “a forma de actuar sensible” da proposta gañadora, que crea espazos “moi atractivos que mesmo permiten recuperar e poñer en valor aspectos estruturais e formais presentes no edificio do Pazo e que hoxe pasan desapercibidos”