Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez salienta a aposta de Aceiroga polas novas tecnoloxías e pola mellora da súa capacidade produtiva
A conselleira do Medio Rural visitou hoxe as instalacións desta empresa, que foi beneficiaria o pasado ano dunha achega específica para fortalecer o emprego nas contornas rurais e diversificar a actividade agraria
Medio Rural reforza a súa aposta pola innovación como vía para seguir avanzando na excelencia dos produtos agroalimentarios galegos
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes de Lanzán Ganadería en Friol, a única empresa que produce baixo a certificación de Ternera Gallega Suprema e a produción ecolóxica
Galicia asume en Bruxelas a representación semestral das CC. AA. no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, salienta a responsabilidade de liderar unha postura común forte e coordinada que defenda os intereses do sector
A Consellería do Medio Rural impulsou a creación de dous pasteiros nos municipios do Irixo e Forcarei, con actuacións en case 40 hectáreas
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, visitou hoxe os pasteiros do monte de Baxín, no Irixo, e o do Sixto en Forcarei, para os que se destinaron 153.460 e 177.518 euros, respectivamente
Un total de 728 viticultores beneficiáronse das axudas da Xunta para a conservación paisaxística e loita contra a erosión de viñedos da Ribeira Sacra
A Consellería do Medio Rural publica hoxe no DOG a resolución da última convocatoria destas axudas, dotadas con máis de 1,5 millóns de euros
Medio Rural anima á aplicación de fitosanitarios contra o verme defoliador do millo e urxe ao Goberno central axilizar as negociacións para os drons
Anunciouno hoxe a conselleira María José Gómez despois de manter unha xuntanza con representantes de Unións Agrarias, na que se avaliou a afectación deste invertebrado neste cultivo, que é unha das principais forraxes para o gando
A Xunta destaca a calidade diferenciada como ferramenta para crear valor engadido e fortalecer o sector agroalimentario
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, participou hoxe na entrega de premios da XXVII Cata dos Viños de Valdeorras, onde destacou a importancia da DO Valdeorras como exemplo da aposta pola autenticidade, a diferenciación e a vinculación co territorio que caracterizan aos viños galegos
A Xunta salienta o seu compromiso polo aproveitamento sustentable do monte galego
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto co director da Xera, participaron hoxe na clausura do Grupo Provincial de Rematantes e Aserradoiros de Madeira de Pontevedra, onde sinalaron que a nosa comunidade está consolidada como un referente no sector forestal
Medio Rural destaca o papel das razas autóctonas como patrimonio, identidade e oportunidade de desenvolvemento para o rural galego
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou este mediodía na I Festa Gastronómica da Cachena