Actualidade
Buscador de novas
A Xunta exixe a suspensión do prazo de alegacións á reforma do regulamento xeral de costas por defectos de forma e a ausencia de información preceptiva
Ángeles Vázquez salienta que o anteproxecto de real decreto non está acompañado da preceptiva memoria de análise de impacto normativo, que inclúe a correspondente documentación de avaliación xurídica, económica e orzamentaria
Villaverde mostra á fundación Traslatio a disposición da Xunta para seguir divulgando o patrimonio e a cultura marítima
A conselleira do Mar reuniuse con representantes do colectivo no marco da rolda de contactos cos distintos axentes socioeconómicos vinculados á actividade pesqueira
Mar regula a xestión dos excedentes do marisco para reforzar o papel das confrarías na xestión sostible dos bancos
Con esta regulación específica, a Consellería dá resposta a unha demanda histórica do sector
A Xunta alerta de que o anteproxecto de Regulamento de Costas plasma a vontade do Goberno central de limitar a duración das concesións e expulsar toda actividade do litoral
Ángeles Vázquez destaca que é un novo intento, tralos de 2018 e 2024, de eliminar calquera vestixio de presenza humana da costa cunha norma que o propio Executivo central propuxo a Bruxelas e vai máis aló do que lle pedía a Comisión Europea
A Xunta avanza nas mostraxes nos bancos marisqueiros imprescindibles para o deseño e posta en marcha de posibles medidas de apoio ao sector
Desde onte xa se realizaron unha trintena de mostraxes nos bancos marisqueiros galegos máis afectados, ás que se sumarán novas actuacións nos vindeiros días ao longo de toda a costa, tanto na provincia da Coruña como na de Pontevedra
A Xunta expón a empresarios galegos da hostalaría o proxecto do Camiño do Litoral e a aplicación para difundir o patrimonio existente na súa contorna
Ángeles Vázquez salienta a importancia de poñer en marcha iniciativas que combinen a dinamización económica dos municipios costeiros co coidado do medio ambiente
Ángeles Vázquez avoga por comportamentos responsables e respectuosos co medio ambiente durante a observación da eclipse de agosto
Incide na importancia de respectar as restricións de acceso naquelas áreas protexidas que teñan limitacións de capacidade, así como de minimizar ruídos e iluminación artificial para non afectar á fauna
A Xunta destaca o papel dos Centros Galegos de Recuperación de Fauna Silvestre na atención a animais feridos ou débiles para devolvelos ao medio natural
Ángeles Vázquez explica que todo apunta a que estas aves se viron afectadas polos temporais encadeados das últimas semanas, o que lle impediu parar a descansar facendo que acabasen con episodios de esgotamento extremo e debilidade
A Xunta amplía o prazo de solicitude das axudas para impulsar chiringuitos máis sostibles e facilitar o acceso dos posibles beneficiarios
O prazo rematará o vindeiro 4 de maio para que poidan solicitar estes apoios os titulares destes establecementos que só desenvolven esta actividade económica durante a tempada efectiva destes servizos, especialmente os autónomos