Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destaca a rede do ‘Servizo de mobilidade de Ourense’ da Xunta a prol das necesidades da cidadanía ourensá
O delegado territorial salientou que a Xunta trata de ofrecer respostas e solucións ás demandas da cidadanía con medidas para adecuar a oferta de servizos ás novas necesidades; así o SM de Ourense atendeu a un total de 3.691.768 usuarios
A Xunta adxudica por preto de 390.000 euros a reforma do cruzamento de Setados na PO-400, no concello das Neves
Trátase de actuar na intersección situada no quilométrico 9+980 desta vía, punto de acceso principal a esta parroquia do municipio pontevedrés
A Xunta colabora cos concellos de Boqueixón e O Pino na mellora do viario de Louredo ao aeroporto compostelán
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou as melloras realizadas cunha achega autonómica de case 44.000 euros a través da Orde de infraestruturas de uso público, dotada con 3,5 millóns de euros
Belén do Campo anuncia en Malpica a aprobación do proxecto dunha nova glorieta na AC-418, cun investimento superior aos 330.000€
A actuación busca mellorar a seguridade viaria nun punto de acceso ao CEIP Milladoiro e ao centro cívico
O delegado territorial da Xunta supervisa o estado das obras para completar a humanización e mellora da accesibilidade do núcleo de Moreiras, no concello de toén
Manuel Pardo destacou que esta actuación é froito dun acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o concello, que supuxo un investimento total de preto de 355.000 euros, dos que o 70% foi unha achega do Goberno galego
A Xunta e a Delegación do Goberno colaborarán no operativo de mobilidade e seguridade ante a eclipse solar do 12 de agosto
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse co delegado do Goberno en Galicia para traballar na coordinación entre ambas as administracións
Lorenzana destaca como o Plan Renova o teu vehículo contribuíu a que Galicia lidere o incremento de matriculacións en España
Salienta que o mes pasado os concesionarios galegos venderon máis de 2.800 vehículos e, no que vai de ano, son xa máis de 5.000 unidades
A Xunta asina o convenio de cesión ao concello de Lugo do aparcadoiro disuasorio da Avenida de Breogán
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou hoxe co alcalde de Lugo, Miguel Fernández, o acordo a través do que o Concello asume a explotación, mantemento e conservación do espazo promovido pola Xunta e financiado con fondos europeos Next Generation
A Xunta reabre ao tráfico un dos carrís do tramo da AG-57 ao seu paso por Gondomar afectado polo temporal
A Xunta segue a traballar na reparación do noiro que se desprendeu o pasado día 10 de febreiro por mor das fortes e continuadas choivas