Actualidade
Buscador de novas
Rueda resalta que a Xunta asume desde mañá o autogoberno pleno da súa costa coa posta en marcha dunha nova canle de información cidadá e da solicitude única para todos os trámites do litoral
Anuncia que a Xunta habilitará un servizo telefónico a través do 012 para resolver dúbidas e consultas sobre calquera trámite vencellado a actividades na costa e un novo espazo web, ‘Galicia Litoral’, con información de interese na materia
A Xunta promoverá as Illas Atlánticas este verán como destino turístico Starlight con actividades gratuítas de observación astronómica
Por noveno ano consecutivo, a dirección do Parque Nacional, en colaboración coa Federación Galega de Astronomía e Radioastronomía, organiza accións de dinamización abertas á participación de adultos e nenos nos catro arquipélagos
Galicia acollerá dúas accións piloto para crear corredores ecolóxicos e mellorar a biodiversidade dos organismos que viven nas árbores ocas a través do proxecto europeo GIFT
A primeira delas consistirá no plantado de árbores e arbustos nas marxes dos camiños na zona de reestruturación parcelaria da parroquia de Fisteus, no concello de Curtis, restaurando sebes para que funcionen como corredores ecolóxicos
Rueda salienta en Lobios o éxito do ‘fermosismo’ como ferramenta de mellora da paisaxe e de reforzo da identidade rural de Galicia
Destaca a aposta do Goberno galego por unha política pública que dignifica o territorio, reforza o sentimento de pertenza e contribúe a crear unha nova cultura de coidado e respecto da paisaxe
A Xunta avoga pola colaboración cos concellos para mellorar a calidade da recollida selectiva de vidro
Salienta a posta en marcha da Oficina de economía circular municipal como exemplo do compromiso para acadar unha xestión máis eficiente
O Servizo Galego de Saúde, recoñecido a nivel internacional polo control das súas emisións e o seu compromiso co cambio climático
O titular da carteira sanitaria recolle a certificación que acredita o cumprimento do protocolo que ten por obxectivo medir e diminuír as emisións
Galicia e outras 12 comunidades logran que o Goberno central retire o debate sobre o estado do lobo da orde do día da Comisión Sectorial de Medio Ambiente
Lamentan a profunda deslealdade institucional do secretario do Estado de Medio Ambiente que intentou abordar esta cuestión logo de ter anunciado a súa retirada da orde do día ao comezo da reunión
Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Cervo avalían vías de colaboración para mellorar o servizo de abastecemento de auga na contorna de Trasbar
Os técnicos de Augas de Galicia analizarán o proxecto presentado polo Concello de cara a valorar a súa viabilidade e as posibles fórmulas para acometer o seu financiamento
A Xunta inicia as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do lugar do Canedo cun investimento de arredor de 700.000 euros
Ángeles Vázquez salienta que os traballos, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza co ano 2045 como horizonte