Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.065 novas da área temática Territorio:

29/11/2024 | 19:42 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

Rueda visita o ‘Belén máis rural’ en Santiago posto en marcha pola cooperativa CLUN e o grupo Ecoener

Felicita aos promotores do proxecto por combinar a tradición e a identidade dos oficios e do rural galego

29/11/2024 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta desprega máis de 80 equipos de maquinaria, 387 profesionais e 5.365 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas estradas autonómicas ante as inclemencias do tempo

O Plan de Vialidade Invernal, cuxos medios materiais e humanos se distribúen en 26 centros operativos nas catro provincias, estará activo ata o vindeiro 30 de abril

28/11/2024 | 17:44 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta a importancia de cultivos emerxentes como a oliveira para dinamizar o territorio, fixar poboación e xerar riqueza no agro

A conselleira María José Gómez visitou a almazara da Arnoia, en Ourense, e definiu esta construción como un exemplo de patrimonio arquitectónico vinculado ao rural

28/11/2024 | 15:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento de Lugo aproba os orzamentos para 2025 con 7,6M€

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou hoxe na reunión do pleno do organismo

27/11/2024 | 13:16 | C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o investimento de 260.000€ na mellora de infraestruturas rurais de Vimianzo

A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como para a rehabilitación de camiños en zonas de concentración parcelaria

26/11/2024 | 17:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avalía coa Federación Ecoloxista Galega a participación das entidades ambientalistas no Foro do litoral

Ángeles Vázquez destaca que trala rolda de contactos con todas as entidades implicadas, o Executivo galego espera aprobar a mediados do próximo mes o acordo de inicio do decreto sobre a composición deste órgano colexiado

24/11/2024 | 13:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 185.000€ a impartición de 32 cursos de condución segura abertos a 640 motoristas

A Administración autonómica desenvolverá estes cursos nos vindeiros dous anos, con posibilidade de prórroga por outros dous, de xeito que se poderán acadar os 64 cursos, cun investimento de 368.614€