Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.679 novas da área temática Economía:

02/08/2024 | 14:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno central planificación e axilidade na asignación e execución dos fondos europeos

Pide unha cogobernanza real coas comunidades autónomas e que estas axudas vaian acompasadas ás necesidades do tecido empresarial

01/08/2024 | 23:27 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca Galicia como un territorio favorable para emprender e para consolidar proxectos empresariais

Subliña a traxectoria dos galardoados, o produtor audiovisual Carlos Vasallo e a empresa familiar Aceites Abril

01/08/2024 | 17:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca os beneficios da eficiencia enerxética na mellora da competitividade do sector mineiro galego

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe a empresa Francisco Lemos Romero, especializada na extracción de granito ornamental

31/07/2024 | 15:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural apoia o sector vitivinícola galego e destaca a súa importancia económica, territorial e turística no marco da Festa do Albariño de Cambados

Iniciativas como a Estratexia de dinamización e axudas específicas para a reestruturación e reconversión de viñedo, promoción do viño en terceiros países e apoio á elaboración e comercialización, favorecen ao sector

29/07/2024 | 15:44 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o traballo da empresa Antea Group para avanzar na súa internacionalización e na da economía galega

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha reunión co director xeral de Antea Group

27/07/2024 | 16:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

Rueda destaca a importancia da colaboración público-privada para consolidar Galicia coma unha terra atractiva para investir

 “É preciso seguir traballando con sentidiño para ofrecer estabilidade e transmitir que Galicia é unha comunidade acolledora”, resaltou

27/07/2024 | 13:04 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta traslada aos empresarios as oportunidades de axuda para a dotación de banda longa a Pemes

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, reuniuse coa Comisión de Dixitalización da Confederación de Empresarios de Galicia

24/07/2024 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a necesidade de que pemes e autónomos accedan ao crédito nas condicións máis vantaxosas

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou Codeor, unha empresa familiar especializada na fabricación de calzado para uso laboral e que vén de beneficiarse da liña de acceso ao crédito da Xunta, que este ano ampliou o seu orzamento ante o interese amosado polo tecido empresarial

23/07/2024 | 16:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 2,2 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación

A Xunta de Galicia acaba de resolver a convocatoria do programa InnovaPeme, a través do que se apoian 34 plans de innovación que mobilizan 4,4M€, supoñen 25 novas contratacións e implican preto de 1M€ en subcontratacións con empresas tecnolóxicas e organismos de investigación

23/07/2024 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno unha xestión planificada dos fondos europeos e advirte da súa desconexión coas necesidades das empresas

Exixe unha cogobernanza real e efectiva destas axudas e que vaian acompasadas ao que a industria, as pemes e as persoas autónomas precisan