Actualidade
Buscador de novas
Manuel Pardo pon en valor os máis de 4,3 M€ que a Xunta destina a 88 concellos da provincia de Ourense a través do Plan Camiña Rural
O delegado territorial da Xunta explicou que o Plan Camiña Rural persegue a mellora de infraestruturas co gallo de xerar cohesión social e territorial, mellorando as condicións de vida e de traballo no medio rural
Medio Rural destina 360.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios
A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, que benefician os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e o da produción ecolóxica de Galicia
A Xunta pon en valor a produción alimentaria de proximidade na presentación da campaña 'É bo que sexa de aquí' de Vegalsa-Eroski
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica asistiron na localidade pontevedresa de Nigrán ao acto no que se deu a coñecer esta iniciativa de promoción dos produtos locais
A Xunta renova a oficina rural de Foz dentro do plan de mellora de infraestruturas para o agro galego
Gómez puxo de relevo que esta oficina tamén é un punto de referencia para o desenvolvemento de labores de titoría técnica dirixidas ás persoas mozas que se incorporan á actividade agraria
Medio Rural salienta a importancia da produción e da industria láctea no sector primario galego
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias asistiu hoxe á xornada O papel do Queixo galego, onde participou nunha mesa redonda sobre o desenvolvemento rural e os beneficios para o sector
O campamento ‘Destino Ancares’ congrega a 27 nenos e nenas no centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, visitaron aos rapaces que desfrutan estes días de actividades ambientais, xogos, aventuras e excursións pola zona
Manuel Pardo destaca os máis de 2 M€ da Xunta para o establecemento de 52 agricultores mozos na provincia de Ourense
Para o delegado territorial estas achegas teñen como obxectivo garantir a continuidade do tecido agrario, así como incrementar a competitividade das explotacións mediante a súa modernización
Medio Rural organiza en Arzúa unha xornada sobre a escarda mecánica para reducir o emprego de fitosanitarios no cultivo do millo forraxeiro
Esta acción, que terá lugar mañá xoves, está en liña coa Política Agraria Común, que leva anos establecendo unha produción sostible e respectuosa co medio ambiente
Rueda anuncia que a Xunta abre a consulta pública o anteproxecto de decreto sobre contaminación por nitratos de orixe agraria
Rueda urxe ao Goberno central que remate os estudos necesarios para declarar zonas vulnerables por presenza destes compostos, unha designación que só se debe facer se se acredita que a contaminación é producida por fontes agrarias dun xeito significativo