Actualidade
Buscador de novas
A Xunta celebrará en marzo feiras de emprego na Arxentina e no Uruguai para potenciar a captación de talento exterior da man das empresas galegas
José González explicou as políticas que implementa Galicia para casar oferta e demanda laboral, impulsando tanto as oportunidades da forza laboral propia como a atracción de talento foráneo, sempre de xeito ordenado e da man do tecido produtivo
A Xunta convoca o programa Investigo 2025 con case 5 M€ ao abeiro da Estratexia Mocidade Activa para reter o talento de ata 215 persoas menores de 30 anos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta iniciativa que se enmarca na nova estratexia para a xente moza que —tan só no caso da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— estará dotada con 20 millóns de euros
A Xunta convoca con case 2,3 M€ as axudas de 2025 para impulsar a formación e asesoramento en materia de prevención de riscos laborais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe e estes apoios destinados ao fomento da prevención de riscos laborais e a actividades neste eido, que este ano se unifican nunha mesma orde para avanzar na simplificación administrativa
A Xunta activa a nova edición das unidades formativas con 8 M€ para atender as necesidades das empresas e cualificar arredor de 2.500 persoas desempregadas
O Diario Oficial de Galicia vén de publicar este venres a orde destes apoios que permiten desenvolver accións formativas flexibles e á demanda das necesidades e crecemento dos sectores, promovendo oportunidades para as persoas sen traballo
A Xunta destaca a Susi Gesto como exemplo paradigmático de remuda xeracional no sector artesanal e de innovación na ourivería tradicional
Adherida ao selo Artesanía de Galicia, a artesá combina tradición e contemporaneidade ao actualizar deseños clásicos como os sapos e incorporar materiais innovadores, creando pezas únicas e personalizadas
A Xunta destina este ano máis de 8,5 M€ a apoiar a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro
Estes apoios poden solicitarse desde hoxe ata o próximo 24 de febreiro tal e como reflicte a convocatoria de 2025 destas axudas publicada no Diario Oficial de Galicia
A Xunta lanza a nova convocatoria do Galicia Emprega con preto de 20 M€ para favorecer a contratación de persoas pertencentes a colectivos prioritarios
Con este programa, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia e que abrirá o prazo de presentación de solicitudes o próximo venres 31 de xaneiro, prevese a contratación de 1.700 persoas de sectores con máis dificultades de inserción laboral