Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.945 novas da área temática Infraestruturas:

10/06/2025 | 14:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste preto de 68.000 € nun ascensor no CEIP Carlos Casares, en Xinzo de Limia

Manuel Pardo explicou que esta actuación está enmarcada no Plan de nova arquitectura pedagóxica no que inclúense case 2.700 actuacións en toda Galicia para mellorar as instalacións de escolas, colexios, institutos, centros integrados de FP e conservatorios dependentes da Executivo autonómico

10/06/2025 | 12:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

M. Allegue pon en valor os 68M€, “o maior investimento da historia nun exercicio”, para garantir o bo estado do firme das estradas autonómicas, o mesmo día no que a xunta licita o contrato cuatrianual de conservación e vialidade invernal por 184M€

A conselleira subliña que estes investimentos en conservación responden á estratexia “estudada e planificada da Xunta e plasmada nos orzamentos” para actuar na rede viaria, “a fin de mantela nas debidas condicións para garantir a seguridade dos usuarios”

10/06/2025 | 11:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta emite declaración de impacto ambiental favorable sobre o proxecto para unha nova planta de residuos de construción no concello de Mazaricos

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a instalación teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe autonómico e na documentación avaliada

09/06/2025 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación definitiva do Plan Básico Municipal de Alfoz

Trátase dun instrumento eficaz que permitirá a ordenación do territorio neste municipio lucense, ofrecendo capacidade de acollida residencial e económica

07/06/2025 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de conservación no viaduto do río Bouzos na vía de alta capacidade do Morrazo farán necesario afectar ao tráfico entre a saída de Cangas e á da PO-551

Trátase de executar as obras de recolocación do apoio de neopreno existente no estribo da estrutura correspondente coa viga central do viaduto, o que fará necesario traballar 3 días

06/06/2025 | 19:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda lamenta que a conferencia de presidentes serviu para que o goberno central tivese a súa “foto” pero os galegos marchan dela sen nada

Sinala que non renuncia a chegar a acordos en materia de vivenda no caso de que o Goberno cumpra que a achega autonómica se dedique ás prioridades que estableza cada comunidade e se aumente o prazo de 4 a 6 anos para poder planificar a longo prazo

06/06/2025 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da Xunta na estrada LU-710 en Baralla avanzan a bo ritmo e están xa executadas ao 50 %

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou a marcha dos traballos, que se estenden nun tramo de 4,5 quilómetros e contan cun orzamento de 2,3 millóns de euros

06/06/2025 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita este mes por 19 M€ a obra de construción do instituto Domingo Villar de Navia, que comezará a funcionar no curso 2027/28

A previsión é comezar a construción, que conta cun prazo de 18 meses, entre outubro e novembro deste ano

06/06/2025 | 11:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza con 333.000€ o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de abastecemento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro