Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.836 novas da área temática Infraestruturas:

24/04/2025 | 12:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para executar as obras que completarán a humanización da travesía de Albarellos, no concello de Monterrei, cun investimento de 1,5 M€

A intervención que se desenvolverá na estrada OU-143 inclúe a construción de dous treitos de senda peonil para dar continuidade ao tramo habilitado en 2021 e acadar un itinerario continuo de máis de 1,1 km

23/04/2025 | 14:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 200.000 euros para a construción dun albergue de peregrinos en Noia ao abeiro da intervención Leader

A conselleira visitou esta mañá as instalacións, situadas na antiga fábrica de curtidos da familia Cadarso, que puideron rehabilitarse grazas ao impulso do Grupo de Desenvolvemento Rural Deloa

23/04/2025 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Estación Intermodal de Vigo suma máis de catro millóns de viaxeiros e mantén a tendencia á alza nos últimos anos

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou no ciclo ‘Estacións de ferrocarril: motores de rexeneración urbana do século XXI’, onde salientou a aposta da Xunta polo fomento do transporte público e a intermodalidade

23/04/2025 | 12:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 570.000 euros as obras de humanización da praza Isaac Díaz Pardo no concello de Oroso

Trátase de poñer en valor esta praza no núcleo de Sigüeiro, onde se sitúan os principais equipamentos municipais, transformándoa en espazo de preferencia peonil para convertela en lugar de encontro e de celebración de eventos

23/04/2025 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para a execución das obras de mellora da OU-212 ao seu paso por Avión e Beariz, cun investimento de case 1,5 M€

Os traballos, que se prevén iniciar neste verán, abranguen a mellora dun tramo de 6 quilómetros da estrada autonómica entre Beariz e o desvío cara ao núcleo de Couso

22/04/2025 | 19:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/04/2025 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martina Aneiros supervisa os traballos de acondicionamento do firme que se están executando na estrada autonómica AC-110, en As Somozas

A delegada territorial de Ferrol lembrou que esta é unha das tres vías nas que a Xunta está investir en melloras máis de 1,7 M€

21/04/2025 | 17:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 8,5 M€ a infraestruturas de carácter estratéxico coa nova convocatoria de axudas do Fondo Adicional ao Fondo de Cooperación Local

Ao abeiro desta medida, finánciase ata o 50% do importe dos proxectos municipais, cun límite de 700.000 euros