Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 590 novas da área temática Auga:

05/02/2026 | 13:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mostra a eficiencia do complexo ambiental de Cerceda aos concellos que se adheriron este ano ao modelo de xestión de residuos de Sogama

Ángeles Vázquez cualifica como histórica a incorporación dos nove concellos da Mancomunidade Serra do Barbanza ao sistema da empresa pública pois permitirá que os refugallos da súa veciñanza sexan xestionados de xeito sostible, solvente e con todas as garantías, en liña co que establece a normativa vixente

04/02/2026 | 14:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis dun quilómetro no río Ventoxo, no concello pontevedrés de Forcarei

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

04/02/2026 | 12:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz estudan o proxecto para mellorar a rede de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Ermide e Eiravedra

Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convocará este ano varias liñas de axudas para apoiar ás entidades locais na xestión dos servizos relacionados coa xestión da auga

03/02/2026 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aportará o 60% do investimento asignado aos concellos no plan de actuación integrado Futuro verde do alto Támega, máis de 1,7 M€

As intervencións programadas nesta iniciativa céntranse principalmente en cuestións relacionadas co ciclo da auga, para a mellora das infraestruturas de saneamento, depuración e abastecemento da contorna

03/02/2026 | 13:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 5 quilómetros nos regos de Santiago e do Forcón, no Concello de Barreiros

As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos

02/02/2026 | 18:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina preto de 53.000 euros á mellora das instalacións de catro comunidades de augas no concello de Pontevedra

Preto de 160 entidades da provincia de Pontevedra recibiron un total de máis de 1,7 millóns de euros para mellora das súas instalacións e compra de material

02/02/2026 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Cerdedo-Cotobade avalían as necesidades municipais en saneamento e abastecemento

Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convocará este ano varias liñas de axudas para apoiar ás entidades locais na xestión dos servizos relacionados coa xestión da auga

31/01/2026 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta mellora e amplía as infraestruturas de abastecemento de auga do Concello de Palas de Rei cun investimento de preto de 100.000 euros

Ángeles Vázquez explica que esta actuación, financiada ao 100% por Augas de Galicia, beneficia de xeito directo a preto dun milleiro de veciños do casco urbano

28/01/2026 | 15:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez celebra a aprobación da Lei do clima que consolida Galicia como referente na loita contra o quecemento global

Indica que esta nova norma contribuirá a que a Comunidade sexa neutra en emisións dez anos antes do que propón a Unión Europea

28/01/2026 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ás entidades locais a colaborar na elaboración do Plan xeral galego de saneamento para garantir un servizo máis eficiente e sostible

Ángeles Vázquez salienta que a prioridade será, ademais da construción de novas infraestruturas, garantir o seu correcto funcionamento, a súa eficiencia e a súa integración co medio ambiente e co territorio