Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 679 novas da área temática Transporte:

25/12/2025 | 10:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica novas resolucións das axudas para a transformación e modernización de frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías

O Diario Oficial de Galicia recolle as resolucións de ambas as liñas, que suman entre setembro e novembro 184 subvencións concedidas por case 2,7M€ 

23/12/2025 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acorda co Concello de Curtis a creación dun novo servizo de interese municipal para mellorar o transporte do instituto do concello con Teixeiro

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Curtis, Javier Caínzos formalizaron coa UTE Hércules o convenio que permitirá activar o SIMU e implantar o próximo 8 de xaneiro, coincidindo co remate das vacacións de Nadal, tres novas expedicións para cubrir os horarios de entrada e saída do centro

17/12/2025 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Concello de Pontevedra acordan manter en 2026 as bonificacións no transporte urbano, no que a demanda medrou un 9% con respecto ao ano pasado

Ao importe resultante do desconto xeral do 10% no prezo do billete para as persoas usuarias que paguen coa Tarxeta de Mobilidade de Galicia engádese unha rebaixa adicional de 50 céntimos nas viaxes urbanas

14/12/2025 | 12:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilítalle o certificado de aptitude profesional ao alumnado do ciclo de condución de vehículos de transporte por estrada

Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes e de Educación, Ciencia, Universidades e FP asinaron o acordo de colaboración que garante completar esta capacitación profesional

12/12/2025 | 16:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra o rigoroso cumprimento do Goberno galego coa normativa para a tramitación de autorizacións interurbanas de VTC

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, mantivo un encontro solicitado pola Fegamp no que participaron representantes municipais aos que lles insistiu que é competencia municipal, se así o deciden os concellos, regular as posibles autorizacións para o ámbito urbano de vehículos de turismo con condutor 

11/12/2025 | 09:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 500.000 euros para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria para 2026 desta orde coa que o Goberno galego pretende mellorar a modernización e competitividade do sector do taxi

10/12/2025 | 19:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avalía co concello de Oleiros as necesidades de transporte público do municipio

A directora xeral de Mobilidade e o alcalde abordaron a situación actual e os traballos en marcha para buscar solución axeitadas

10/12/2025 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reafirma o seu compromiso co impulso ao transporte metropolitano en Ourense

A directora xeral de Mobilidade abordou no Parlamento a situación do servizo na área de influencia da cidade ourensá e afondou nas melloras implantadas polo Goberno galego para fomentar o uso do autobús

04/12/2025 | 16:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese cos concellos da Área de Transporte Metropolitano de Santiago para avaliar o estado do servizo

A directora xeral de Mobilidade reúnese con representantes dos 18 concellos da área para avaliar o funcionamento do sistema e atender as necesidades trasladadas polos municipios